Categorías: Actualidade

O PP impide rematar coa discriminación dos traballadores da Xustiza en Galicia

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe as “dobreces” e a “incapacidade de negociar” demostradas por Feijóo e o conselleiro Rueda fronte ás demandas dos traballadores da Xustiza. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para reclamar a equiparación salarial, a consolidación de prazas estruturais e a reposición dos postos amortizados, que o PP anunciou que rexeitaría na votación que terá lugar mañá.

Alertou de que a posición inamovible da Xunta aboca a unha folga na Xustiza a partir do mércores 7 de febreiro con “consecuencias que poden ser imprevisibles”, ademais duns “danos económicos e sociais irreparables”. Vilán responsabilizou da folga á postura “inflexible e inxusta” do Conselleiro da Vicepresidencia, que rompeu as negociacións cos sindicatos despois de dous paros previos, o 1 de decembro e o 25 de xaneiro, que obtiveron un seguimento “masivo”.

Lembrou que os traballadores e traballadoras da Xustiza en Galicia presentan unhas demandas “axustadas e razoables” dirixidas a equiparar a súa situación á dos traballadores do resto do Estado e restaurar o dano sufrido polos recortes do PP durante a crise económica. Lembrou que a día de hoxe “non se cobren as baixas, non se crean prazas novas e hai maior carga de traballo e menor salario”.

Explicou que os traballadores da Xustiza perderon en Galicia o equivalente a 3 pagas extraordinarias entre 2013 e 2016, hai 106 prazas menos que en 2012 e Galicia ten case un 25 por cento menos de persoal da Xustiza que no resto do Estado. Advirte que as 36 novas prazas anunciadas polo goberno galego non estarán dispoñibles ata o 31 de decembro deste ano, e o complemento específico é o terceiro máis baixo de España.

Lamentou que a resposta do goberno galego sexa “votar unha cousa aquí para logo facer a contraria botándolle a culpa aos traballadores”, mentres demostran que “só saben ameazar” con revogar as vacacións durante a folga”. Dixo que presentan uns servizos mínimos “tan inasumibles e absurdos que suporía traballar máis xente da que hai en plantilla en xulgados como A Fonsagrada, Becerreá, Muros ou Arzúa”.

Ademais, a oferta de incremento retributivo que plantexa o Goberno galego resulta “tan mala que Galicia seguiría a ser a novena Comunidade Autónoma do Estado, das 12 que teñen a Xustiza transferida”. Advertiu que o goberno quere situar a Galicia por debaixo de Asturias e Andalucía, cando o seu compromiso era situala “ao mesmo nivel” que o resto do Estado.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41