Categorías: Actualidade

O PP impide formalizar a Comisión de Seguimento da velutina

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, criticou hoxe a “opacidade” demostrada polo PP e a Xunta de Galicia, que se negaron a dar cabida ao Laboratorio Fitopatolóxico e ás asociacións apícolas na Comisión Técnica de Seguimento da vespa velutina. O responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para darlle natureza formal a este órgano e que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista reclamou hoxe as actas do dito órgano, que na actualidade está integrado polas consellerías de Vicepresidencia, Medio Rural e Medio Ambiente e a Fegamp. Criticou que o goberno galego se negue a entregar os documentos porque, segundo sinala a Xunta en resposta escrita, a Comisión “non é un órgano formal senón un grupo de traballo, polo que non se levantan actas das súas reunións”.

Pérez Seco urxiu a “traballar todos xuntos” para facer fronte a un problema de primeiro nivel, como é a praga da vespa velutina, polo dano económico e medioambiental que está a producir “o mundo rural en xeral e nos produtores de mel e froita en particular”.

Este é o motivo polo que reclamou a presenza no dito órgano tanto do Laboratorio Fitopatolóxico como dos principais afectados polo problema, como son as asociacións de apicultores. Ademais, reclamou “que se levanten actas das reunións para tratar de facer a Comisión o máis operativa posible, achegando os resultados dos debates á cidadanía en xeral e aos afectados en particular”.

Vespiña do castiñeiro

Por outra parte, o portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, lamentou o veto do PP a unha proposición non de Lei do Grupo Socialista dirixida a impulsar a investigación na produción de medios biolóxicos para frear a praga da “vespiña do castiñeiro”.

O responsable socialista lembra que o único medio eficaz coñecido para frear esta praga é precisamente o seu parasito “Torymus Sinensis”, que foi empregado con “notable éxito” para frear a praga en Italia, onde acabou coa produción de castaña. Considera “incomprensible” que o PP e o goberno galego se opoñan a reforzar a produción de Torymus a escala suficiente para facerlle fronte á praga.

Quiroga sinala que a entrada en Galicia desta especie, que comezou hai escasos anos e hoxe está practicamente estendida por toda a xeografía, supón unha seria ameaza para a produción de castaña.

O goberno galego comezou a combater esta praga en 2016 coa solta do parasito, pero inicialmente de xeito experimental e, xa na temporada de 2017, en cantidades que se demostraron claramente insuficientes para frear a expansión da vespiña.

Por iso reclamaba fomentar a investigación en centros propios ou en convenio con outras institucións para a produción dos parasitos a escala suficiente, dotándolles de orzamento suficiente para impulsar a produción de Torymus a escala suficiente e realizar unha solta masiva para reducir o impacto da praga.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08