Categorías: Actualidade

O PP defende o campo de golf en Baiona que pon en perigo o abastecemento de auga

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lamentou hoxe que o PP “queira converter Baiona nunha nova Marbella” ao construír un campo de golf en Baredo poñendo en perigo o abastecemento de auga. Así o dixo no debate dunha iniciativa parlamentaria na Comisión de Medio Ambiente para paralizar o proxecto, que foi vetada polo PP.

Vilán apuntou que o proxecto prima as necesidades do campo ao sinalar que respectará as reservas de augas “sempre que o xogo resulte cómodo e atractivo” o que, explicou, “evidencia cales son as súas prioridades”. Lembrou as protestas dos veciños e veciñas, que “non acaban de comprender que un proxecto innecesario poña en risco os seus mananciais” tanto polo abastecemento como polo impacto dos químicos que utilicen para a construción e mantemento das instalacións.

A responsable socialista criticou que o proxecto conte cun estudo de impacto ambiental que en realidade é “un traxe á medida” que agocha o risco real de contaminación e abastecemento dos acuíferos para 1.085 veciños, ademais de toda a fauna e flora da zona. Sinala que o estudo resulta “insuficiente en aspectos tan relevantes como a xeografía, a demografía e a ecoloxía”.

Sinalou que “non hai un estudo pormenorizado da topografía máis alá de planos de deslinde e acotado, pois non existe análise das augas e acuíferos subterráneos” cando “toda a conca hidrográfica posúe un firme granítico que terá que ser obxecto de voaduras agresivas” que afectan ás augas freáticas.

Reclamou que Augas de Galicia rexeite un estudo de impacto que “tampouco reflicte a contaminación dos acuíferos polo emprego de químicos no mantemento do campo e carece de medidas de prevención que poidan establecer un control respecto dos danos á saúde das persoas, a fauna e as explotacións gandeiras”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04