Categorías: Actualidade

O PP “celebra doazóns privadas” á sanidade pero impídelle ao Concello de As Pontes pagar unha máquina de radioloxía

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, censurou hoxe o “sectarismo podre” demostrado polo PP ao negarse mesmo a aceptar a doazón do Concello de As Pontes para o servizo de Radioloxía do Centro de Saúde. No debate dunha proposición non de Lei en Comisión, criticou que “os mesmos que celebran doazóns privadas para a sanidade impiden a doazón dun concello só porque ten goberno socialista”.

Lamentou que o PP rexeitara tódolos seus intentos por aprobar a proposta cunha votación por puntos e mesmo propoñendo consensuar unha emenda in voce, co que finalmente a proposta foi rexeitada. Preguntou se “non valen as doazóns dos veciños que queren asumir o custe do aparato de raios a través do Concello” e ironizou co feito de que “só valería se é a central de Endesa quen fai a doazón pero non do goberno local”.

Criticou o empecinamento do PP en negarlle este equipo ao Concello de As Pontes cando, ironizou, “trátase dun servizo co que si que contan noutros concellos como o de Vilalba, que casualmente está gobernado polo PP”. Mentres, dixo, en As Pontes restrinxen unha dotación necesaria para un concello que xa de por si ten distancias grandes, de máis de 20 quilómetros, ata o centro de saúde, e “non está pegado a ningún hospital”.

Ratios de papel

Explicou ademais que fixen “ratios de papel” na atención sanitaria para un concello que, de acordo co previsto, estaría ben dotado con 7 facultativos, pero a realidade fai que “non substitúen persoal e incrementan a carga dos que si están traballando”. Sinalou que “acumulan 50 persoas con médico, o que supón que, facendo toda a xornada sen parar un momento, só poderían dedicarlles 6 minutos a cada paciente”.

Lembrou que “no verán acumularon ata 3 ausencias de médicos por baixa ou por vacacións, que estiveron sen substituír durante varios días, ata unha semana nalgúns casos”. Esta situación fai que “as ratios que vostedes pintan non valen, porque se negan a cubrir as baixas, impoñen a precarización laboral, provocando a saturación e polo tanto a redución da calidade na atención sanitaria”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08