Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Pedro Sánchez afirma que Besteiro será o próximo presidente da Xunta e o Comité Federal apoia ao candidato galego

O candidato dos socialistas galegos destacou na súa intervención no Comité Federal do PSOE que “imos traballar para que Galicia acade a súa mellor versión” e afirmou que “somos a única alternativa para liderar un cambio seguro, crible e sustentado nun galeguismo útil”.

Besteiro apelou á responsabilidade histórica do PSdeG “para estender na nosa terra as políticas progresistas e de transformación social lideradas en España polo presidente Pedro Sánchez”.

Os membros do órgano executivo do PSOE apoiaron con aplausos ao candidato galego, quen dixo emocionado: “Custoume sete anos de mi vida chegar aquí, anos de mentiras e estratexias xudiciais da dereita para destruírme pero hoxe é un día de ledicia”.

Madrid, 28 de outubro de 2023. “Estamos ante unha oportunidade histórica. E no PSdeG non só temos a posibilidade histórica de gañar, senón a responsabilidade histórica de conseguilo. Por Galicia e polas súas xentes”. Gómez Besteiro, amosouse convencido do cambio político que haberá en Galicia na súa intervención esta mañá no Comité Federal do PSOE, onde foi ratificado como candidato dos socialistas galegos a presidir a Xunta de Galicia.

Xa no discurso de apertura do Comité, o Secretario Xeral, Pedro Sánchez, destacou que “José Ramón vai ser presidente cando se convoquen eleccións en Galicia. Ten o apoio tanto da Comisión Executiva Federal como de todo o partido para que ese cambio sexa posible.”

Besteiro afirmou que “hoxe, o socialismo galego está forte, preparado, unido e convencido para o cambio que Galicia necesita”. Somos, dixo, “a única alternativa para liderar ese cambio seguro, crible e sustentado nun galeguismo útil que mellore a vida das nosas xentes”.

O deputado galego sinalou que a responsabilidade que asume o PSdeG non é só con Galicia, senón tamén coa necesidade de estender as políticas progresistas e de transformación social: “Pedro, ti demostraches que España era máis. Pois imos facelo agora en Galicia. Imos darlle un goberno para que Galicia alcance a súa mellor versión”.

Neste sentido, insistiu en que “temos un país de primeira e imos darlle un goberno de primeira, que estea a altura das nosas xentes”. Confrontou o modelo do PSdeG co do Partido Popular: “O PP de Rajoy, Feijóo e Rueda renunciou a Galicia, nun declive constante que xa dura 14 anos e no que confronta con todos, buscando un inimigo exterior que xustifique a súa incapacidade”, o que considera unha deslealdade institucional permanente.

Pola contra, afirmou que “os socialistas esiximos a España o noso lugar pero cremos na Galicia e na España da convivencia e do diálogo”, polo que lembrou unhas palabras do alcalde de Vigo, Abel Caballlero: “Son tempos de política”.

Besteiro, emocionado

Por último, Besteiro lembrou emocionado “que nunca deixei de perder a confianza na política, a pesar dos sete anos da miña vida que me custou chegar aquí, anos de mentiras e estratexias xudiciais da dereita para destruírme pero hoxe é un día de ledicia”.

O discurso do candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, que foi retransmitido en directo e en aberto, recibiu o aplauso unánime dos membros do Comité Federal, entre os que se atopaba o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, e membros da comitiva galega como José Manuel Lage, Abel Caballero, Lara Méndez, José Tomé, César Mogo, Carmela Silva, Xosé Bugallo, Pilar García Porto, Bernardo Fernández e David Regades.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38