Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista cualifica de “timo da estampita” a axuda de Política Social para coidadores de Dependentes que antes suprimiran Feijóo e Rajoy

Marina Ortega sinala que os Orzamentos de Política Social retratan unha Consellería “xorda ás necesidades da cidadanía e dos colectivos vulnerables”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, cualificou hoxe de “timo da estampita” a axuda da Consellería de Política Social para coidadores de Dependentes. Ortega interveu na comparecencia da conselleira para presentar os Orzamentos de 2024, que rebaixan un 15,8 por cento a partida para autonomía persoal e prevención da Dependencia por parte dunha Consellería “xorda ás necesidades da cidadanía e dos colectivos vulnerables”.

Criticou que presenten agora esta axuda de 5.000 euros anuais logo de que o PP de Rajoy e de Feijóo recortara máis de 4.000 millóns de euros na Atención á Dependencia, e de que a Xunta leve anos facendo revisións de oficio para reducir as valoracións da Dependencia “á metade, unha terceira parte ou mesmo para suprimilas”. Criticou o seu desinterese coa Lei de Dependencia, con “innumerables recortes”, rebaixando as prestacións e suprimindo a cotización especial aos coidadores.

Advertiu que logo dos recortes impostos polo PP na Atención á Dependencia, tivo que ser o goberno presidido por Pedro Sánchez o que recuperara o impulso deste dereito, duplicando a aportación estatal para as axudas á Dependencia e retomara as cotizacións aos coidadores. Ortega criticou que a conselleira non explique se o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Ourense, que acumula xa un retraso de 7 anos, terá xestión directa ou a través dunha empresa.

A parlamentaria socialista reclamoulle á Xunta que modifique a Lei de Inclusión para facer á Risga compatible co Ingreso Mínimo Vital, e lembrou que hoxe en Ourense só 600 persoas reciben esta axuda da Xunta fronte aos 11.000 beneficiarios do IMV. Acusou á Xunta de converter en “vítimas dunha inxusta chantaxe” ás persoas en máis dificultades, acusando ao goberno central para “tapar que non queren” reforzar a Risga.

Criticou as políticas insolidarias do goberno galego, que no peor da suba de prezos retirou a tarxeta básica de axuda á adquisición de produtos básicos, e esixiu a súa reactivación permanente. Tamén pediu un “proxecto de calado” contra a pobreza infantil, logo de lembrar que 100.000 menores galegos atópanse en risco de pobreza ou exclusión, así como o cumprimento da Lei de Impulso Demográfico, que prevé un plan de apoio ás familias monomarentais.

Residencias de maiores

Sinalou que a día de hoxe seguen sen presentar o novo modelo residencial, e mesmo “foron a peor”, agora ingresando a persoas menores de 65 anos con patoloxías psiquiátricas graves nas residencias de maiores, obrigando aos usuarios a convivir con “casuísticas incompatibles terapéuticamente”. Reclamou recursos multidisciplinares para os pacientes psiquiátricos xa que, advertiu, as residencias “non están preparadas para darlles unha atención integral.

Ortega reclamou de novo unha investigación polas denuncias de chivatazos das visitas das inspeccións ás residencias de maiores por parte dos cargos da Consellería, e esixiu que aclaren que “en vez de investigar ao denunciado parece ser que agora perseguen aos que denunciaron”.

Lamentou a falla dun “traballo coordinado entre consellerías” e dunha “maior receptividade” ás necesidades da cidadanía e das propostas que presentan a través do Grupo Socialista. Reclamou que “leven a cabo promesas incumpridas”, como o novo modelo de atención para persoas maiores, o plan para a soidade non desexada e o proxecto para a prevención dos efectos das redes sociais na infancia e adolescencia

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38