Categorías: Actualidade

Patricia Otero reclámalle á Xunta que analice as causas da caída da produción de polbo que permita artellar un verdadeiro plan de recuperación

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, urxiu hoxe ao goberno galego a iniciar un estudo sobre a situación da poboación de polbo nas costas galegas, que vén de rexistrar en 2020 unha das peores cifras da serie histórica. A responsable socialista presentou unha pregunta en Comisión na que advertiu que a única medida do goberno galego sexa ampliar a veda en 15 días e agardar por ter unha campaña mellor.

Otero sinalou que o sector reclama un “plan para o futuro e non só para un ano, con medidas que vaian máis aló de ampliar a veda”, que quedou fixada entre o 30 de abril e o 5 de xullo logo dunha campaña catastrófica que puxo en dúbida a continuidade da pesqueiría. Explicou que habitualmente unha campaña negativa ven seguida dunha boa, pero o sector “nin pode nin quere” seguir dependendo do desenvolvemento cícloco.

Reclama ademais información clara e puntual aos profesionais do sector, que “teñen que informarse pola prensa” das decisións do goberno galego, ademais de que “estanse a sentir desamparados, e ven como o furtivismo e a pesca ilegal seguen a existir”, ata o punto de que por cada “capacho” extraído de forma legal “hai outro ilegal”.

En definitiva, urxiu á toma de medidas “máis aló da veda” partindo dunha investigación sobre as causas da escaseza da especie, cando os expertos difieren nas súas explicacións e apuntan a factores coma o cambio climático, a sobreexplotación, a temperatura da auga ou a salinidade. O certo é que as lonxas venderon en 2020 un 58 por cento menos que o promedio de todo o século, con caídas de ata o 73 por cento na Costa da Morte no mes de novembro.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18