Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Patricia Otero lamenta que a Xunta siga a dar “a calada por resposta” sobre os motivos do seu “empecinamento” en instalar unha pranta de residuos en Riotorto malia a oposición social

Insta á Xunta a deixar “o seu sectarismo político habitual” e dialogar con todos os concellos afectados e a veciñanza

A deputada socialista Patricia Otero lamentou hoxe que a Xunta de Galicia siga sen dar explicacións sobre cales son os motivos da súa insistencia en instalar unha planta de tratamento de residuos no municipio lucense de Riotorto a pesar da oposición veciñal e institucional a esta iniciativa.

Otero preguntoulle hoxe no pleno do Parlamento por esta cuestión á conselleira de Medio Ambiente, que seguiu a dar “a calada por resposta” sobre as razóns do seu “empecinamento”.

Neste contexto, Patricia Otero criticou a falla de diálogo da Consellería con cinco dos seis dos concellos afectados “nun tema tan importante como é o da xestión de residuos”. Tras lembrar que, “dende o seu sectarismo político habitual, só escoitan ao de Riotorto”, instou á Xunta a “escoitar ao conxunto da veciñanza e dos alcaldes” para que “entre todos falen para buscar o mellor emprazamento e non sigan a facer as cousas así”.

Patricia Otero lembrou que a presión da veciñanza xa fixo recuar á Consellería de Medio Ambiente sobre o emprazamento inicial, previsto na parroquia de Aldurfe. Pero a pesar das advertencias sobre os posibles prexuízos para as explotacións gandeiras e mesmo as vivendas, a Xunta segue a buscar unha ubicación alternativa dentro do mesmo concello.

Patricia Otero sinalou que ao rexeitamento veciñal tamén se suma o dos alcaldes dos municipios da contorna. Así, os rexedores da Pontenova, Meira, Pol, Pastoriza e Ribeira de Piquín –que hoxe estiveron presentes na sesión do Parlamento- amosaron o seu desacordo con que Riotorto sexa o núcleo elixido para a esta nova planta porque “construír esta planta onde quere a Xunta encarecería considerablemente os custes económicos da nova dotación”.

Por iso, a parlamentaria do PSdeG apoiou a alternativa proposta polos alcaldes para que a planta se faga aproveitando as instalacións xa existentes no punto limpo Serra de Meira, en Xuncás, na Pastoriza. Desta maneira, “non se partiría de cero”, como no caso de Riotorto, e aforraríanse custos derivados do desprazamento dos residuos. A maiores, Patricia Otero lembrou que o punto limpo Serra de Meira xa conta con dotacións e accesos, só habería que ampliar as instalacións e, ademais, “non afectaría nin a explotacións gandeiras nin á veciñanza da contorna”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08