Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para reclamarlle á Xunta que faga público os traballos para acadar un novo modelo de atención residencial

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposta socialista para reclamarlle á Consellería de Política Social que dea conta do traballo realizado en canto ao novo modelo de atención residencial. A proposición non de Lei fora presentada pola portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, que reclamou “un novo modelo residencial dentro dun novo esquema de coidados que reforce os recursos existentes”.

O obxectivo, explicou, é “evitar na medida do posible a institucionalización das persoas maiores”. Ortega presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que dea conta das conclusións do Comité Asesor Sociosanitario que supostamente está a preparar un novo modelo de residencias.

A responsable socialista comezou cunha mensaxe de ánimo e solidariedade para a moza de Carballiño de 14 anos “que loita pola súa vida tras unha terrible agresión” e á súa familia. A continuación denunciou o “escurantismo e falla de transparencia” demostrado polo goberno galego, que non da conta do traballo deste organismo, do que “nin sequera existen datos claros de quen son os seus integrantes”.

Ortega reclamoulle á Xunta que elabore un novo modelo de residencias de maiores garantindo “transparencia, traballo, consenso e unidade cos expertos”, fronte á “auténtica masterclass en márketing e venda de fume” que leva impartido a Consellería de Política Territorial anunciando dende setembro de 2020 un novo modelo de residencias de maiores que nunca conclúen. Criticou que convertan “nun chiste” o que foi “un ano de titulares para vender unha moto que non existe”.

Denunciou o “alto secreto” vertido sobre o traballo do Comité que supostamente debera elaborar o dito modelo, así como da situación das residencias de maiores durante a pandemia, cando foron o epicentro do impacto inicial do coronavirus.

Ortega lembrou que a propia plataforma de familiares e residentes reclaman “un relato exhaustivo do que ten sucedido nas residencias durante a pandemia”, se ben ata o momento “atopar datos foi imposible incluso para os representantes lexítimos da cidadanía”, que son os deputados. O goberno galego, dixo, negouse a facilitar datos básicos coma son o número de contaxios por covid e falecementos por cada centro residencial.

Sinalou que “os poucos datos relevantes que coñecemos sobre as residencias en Galicia foron obtidos a través da publicación dun libro de investigación que revelou que Galicia só contaba con 7 inspectores para supervisar a totalidade de prazas de residencias en Galicia”. Foi a forma de saber, sinalou, que “somos a segunda comunidade autónoma con menos inspectores por habitante de toda España”.

Esta situación, dixo, súmase ao “demoledor” informe do Consello de Contas de 2017, que alertaba dunha caída abismal no número de inspeccións nas residencias de maiores dende o ano 2010. Apuntou que “fainos pensar que o goberno galego quere que esta situación pase inadvertida, vetando mesmo unha Comisión de Investigación” solicitada polos grupos da oposición ao comezo da Lexislatura.

Apuntou que o descenso no número de inspeccións coincidiu precisamente polo incremento das prazas privadas e concertadas polo modelo de privatización das residencias auspiciado polo goberno de Feijóo. Na última década, sinalou, “non crearon nin unha soa praza pública de xestión directa”, e que mesmo teñen paralizadas dende hai anos as 7 novas residencias doadas pola Fundación Amancio Ortega.

Marina Ortega contrapuxo o “desleixo” da Consellería de Política Social, que “está a agardar a que se faga o traballo solo”, coa iniciativa do goberno estatal, que está a traballar coas comunidades autónomas para marcar uns requisitos mínimos en todo o sistema residencial. Estes pasan polo deseño e equipamento das instalacións, con unidades de convivencia e quipos reducido de residentes, habitacións que respecten a intimidade, ou actividades e participación dignas.

Tamén permitirán as visitas dos familiares cando o desexen, así como a participación e usos dos espazos do usuario libremente, a diminución de restricións e sobremedicación e rexeitando a ubicación das residencias afastadas ou en entornos deshabitados.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18