Categorías: Actualidade

Paloma Castro urxe á Xunta a reforzar as infraestruturas educativas de Salceda de Caselas

A parlamentaria socialista Paloma Castro reclamoulle ao goberno galego que teña en conta as peticións de investimentos en Salceda de Caselas de infraestruturas educativas e sociais para as crianzas no Concello con un dos índices de natalidade máis elevado de Galicia. Castro visitou hoxe o Concello xunto co portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, onde se reuniron co Grupo Municipal Socialista, encabezado pola súa portavoz e tenente de alcade, Verónica Tourón.

A responsable socialista lamentou o “desleixo” do goberno galego coa situación do Concello, logo de que no último debate de Orzamentos rexeitaran tódalas emendas presentadas polo Grupo Socialista que incluían un proxecto de construción do novo CEIP, a reforma do CEIP Altamira, o comedor escolar e melloras no CRA Raíña Aragonta, así como o novo proxecto para construír unha escola infantil Galiña Azul, ou a ampliación do IES Pedras Rubias e a implantación do bacharelato.

Lembrou que os socialistas tamén incluían nas súas emendas aos Orzamentos a mellora das dúas estradas autonómicas que pasan polo municipio -iluminación, enlaces e urbanización no caso da zona de Tabernanova-.

Castro explicou que o Grupo Socialista continuará reclamando estas actuacións a través do Parlamento durante o que queda de período de sesións,  como ven facendo xa no eido educativo ou social, presentando unha serie de iniciativas como a construción  da escola infantil Galiña Azul, que o Concello está a reivindicar dende 2018.

Alertou da urxencia desta infraestrutura para a vila coa maior natalidade de Galicia, que só conta cunha única escola infantil pública, co que cada ano moitos nenos e nenas quedan sen praza e pasan a engrosar unha lista de espera que agora mesmo conta con 100 pequenos. Esta situación, dixo, levou ao Pleno da Corporación a aprobar por unanimidade en outubro unha iniciativa para pedir esta escola infantil.

Sinalou que a educación “é un dereito que debemos de protexer sempre”, e acusou ao goberno galego de “permitir fendas ou desigualdades na educación por razóns de territorio, con alumnos de primeira e segunda categoría, en función de que vivan nunha das principais cidades ou nos concellos rurais”.

Ademais, censurou o “cinismo” amosado polo Executivo autonómico, que logo de anunciar “a bombo e prato” unha Lei de Impulso Demográfico para loitar contra o despoboamento, a realidade é que “non actúan en consecuencia”. A realidade é que o Executivo “leva anos privando de servizos esenciais aos concellos rurais de forma progresiva, sinaladamente nos eidos da sanidade ou da educación”, como sucede neste caso en Salceda.

Verónica Tourón, portavoz municipal e tenente de alcaldesa, puntualizou que “as necesidades de Salceda son moitas e a Xunta non está a atender as demandas da nosa veciñanza, non inviste en novas infraestruturas como saneamento, unha escola infantil ou o centro de día, e nin tan sequera atende a mellorar as existentes que son da súa competencia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18