Categorías: Actualidade

Paloma Castro reclámalle á Xunta que mellore a seguridade na estrada PO-308 de Poio

A parlamentaria socialista Paloma Castro vén de reclamarlle á Xunta que cumpra co seu compromiso de mellora das condicións de seguridade na estrada autonómica PO – 308 ao seu paso polo Concello de Poio. Castro presentará unha pregunta oral na Comisión de Política Territorial do Parlamento de Galicia.

A responsable socialista viaxou hoxe ata Poio, onde mantivo un encontro co tenente de alcalde, o socialista Gregorio Agís, antes de visitar un dos tramos pendentes de ser reformados nesta estrada, unha das que rexistran máis sinistralidade. Alerta de que a pesares da perigosidade rexistrada, a Xunta “leva anos poñendo parches, sen levar a cabo unha actuación completa nin implantar unha vía alternativa que facilite a convivencia dos veciños que lindan coa estrada.

Trátase dunha vía que incrementa notablemente o tránsito sinaladamente nas temporadas estivais, coincidindo cunha elevada afluencia de peóns polas beirarrúas. Os veciños levan agardando pola mellora da seguridade nesta vía dende o ano 2018, cando a Xunta comprometeuse a actuar construíndo 3 sendas peonís Fontenla – Combarro, Combarro – Chancelas – Samieira e O Covelo – Raxó, ademais de actuacións complementarias.

Malia este compromiso, a realidade é que ata o momento o goberno galego segue sen rematar esta obra, que suporía un investimento de 6,5 millóns de euros de fondos europeos para rematar no ano 2020. A Xunta só executou o tramo O Covelo – Raxó, pero aínda quedan os outros dous por comezar, malia que hai tres anos era cualificado como “inaprazable”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38