Categorías: Actualidade

Paloma Castro reclámalle á Xunta e Concello que pare co desmantelamento do GES de Sanxenxo

A parlamentaria socialista Paloma Castro vén de anunciar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que paralice o desmantelamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Sanxenxo. Castro sinala que a participación do dispositivo no incendio da nave de Jealsa da pasada fin de semana “demostra a necesidade de contar con equipos formados e persoal suficiente” en materia de emerxencias.

Castro explica que “non é a primeira vez que o dispositivo é requirido para actuar en zonas fora do seu radio de cobertura territorial debido á súa formación, profesionalidade e anos de experiencia”. Sen embargo, sinala que “o alcalde de Sanxenxo, en conivencia co vicepresidente da Xunta, pretenden desmantelar este servizo, recortando a plantilla de 18 a 12 membros e reducindo as quendas de garda a 2 persoas”.

Lamenta que os gobernos local e autonómico manteñan a súa folla de ruta e “non dean o brazo a torcer no que vai supoñer o desmantelamento dun servizo esencial que afecta a varios municipios cunha gran densidade de poboación nalgunhas épocas do ano”, en contra do apoio dos veciños e veciñas e dos compañeiros doutros centros.

A parlamentaria socialista reclámalle á Xunta que recoñeza a importancia vital deste GES, o único de fora da provincia mobilizado para atender o incendio declarado esta fin de semana en Boiro, e que interveña como mediador no conflito no GES de Sanxenxo. Pide que manteñan a plantilla existente neste momento, “que é imprescindible para desenvolver o servizo de emerxencias nos concellos de Sanxenxo, Meaño e Poio”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18