Categorías: Actualidade

Paloma Castro reclama “solucións reais que garantan os postos de traballo de Ence”

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de reclamarlle á Xunta unha “solucións reais que garantan os postos de traballo de Ence”. Castro presentou unha pregunta oral ao goberno galego para reclamarlle ao goberno galego que “baixen á realidade” e deixen de provocar “falsas expectativas” aos traballadores cando “o que fan é enganar e secundar á empresa” en lugar de esixirlle que manteña os postos de traballo.

Castro reclamoulle ao goberno galego que “encarguen un informe obxectivo que atope outra localización viable e permita á empresa Ence continuar coa súa actividade en Galicia e manter os postos de traballo”. Así o dixo logo de que a Audiencia Nacional publicara en xullo unha sentenza admitindo o recurso de Greenpeace e o Concello de Pontevedra contra a prórroga de 60 anos á pasteira concedida de forma irregular polo goberno de Rajoy.

A responsable socialista advirte de que a “nova” proposta do goberno galego de integrar a pasteira na Autoridade Portuaria de Marín “xa fora formulada en 2005 e rexeitada polo Ministerio de Fomento por ir en contra da Lei de Réxime Económico e Prestación de Servizos nos Portos de Interese Xeral”. Así o ratificaban ata cinco informes técnicos negativos contra a inclusión da factoría na zona portuaria.

A parlamentaria socialista lamentou os “continuos bandazos” do goberno galego, que o único que atende é a un informe “de parte” elaborado pola propia empresa sobre a suposta inviabilidade do traslado, que de feito foi valorado como insuficiente polos maxistrados no procedemento xudicial. Mentres, “dedicáronse a propor solucións peregrinas que teñen moito máis de populistas que de reais”.

Así, o propio conselleiro apuntaba o 19 de xullo, despois de coñecer o fallo, que reclamaría un requirimento técnico a Ence para o traslado e pedía axuda ao Estado a través dos fondos Next – Generation. Sen embargo, á volta das vacacións “mudaba a posición ata o punto de defender o indefendible e soster posturas de dubidosa legalidade”.

Lembra que o 2 de setembro defendían a permanencia en Lourizán como única alternativa, pedíndolle ao goberno que no executara a sentenza, incorrendo deliberadamente nun delito de desobediencia. Non foi o único, xa que o propio conselleiro Rueda lle pedía ao goberno que modificara a Lei para asegurar a viabilidade da empresa en Lourizán, “é dicir, que prevaricara”.

Agora, dixo, presentan a nova solución da integración no porto de Marín “a sabendas da imposibilidade xurídica, cun comportamento totalmente doloso e xogando coas falsas expectativas duns traballadores e traballadoras que teñen en xogo os seus postos de traballo”. Reclamoulle que deixen de secundar á empresa e “plántenlle cara” para “esixirlle á empresa un comportamento moralmente desexable e garanta os postos de traballo dentro dos termos legais”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18