Categorías: Actualidade

Paloma Castro reclama o aumento do persoal da Xunta nos equipos de valoración da Dependencia

A viceportavoz do Grupo Socialista Paloma Castro reclamoulle hoxe á Xunta que incremente o persoal dos equipos de valoración da Dependencia “para evitar retrasos nas xestións, pagos ou listas de agarda”. Castro defendeu en Comisión esta pregunta asinada tamén pola portavoz de Política Social, Marina Ortega, logo dos retrasos detectados hai meses no pago das libranzas de coidados na contorna familiar.

A parlamentaria socialista advertiu que “moitas destas familias dependen destes ingresos para poder facer fronte por exemplo a pagos farmacéuticos ou gastos extraordinarios derivados de ter un familiar a cargo”. Reclamoulle ao goberno galego que poña sobre a mesa as medidas previstas para solventar estes atrasos non só nos pagos das libranzas, senón nos tempos de resolución das valoracións do grao de dependencia, así como nos PIA e nos PAR.

Castro considera “fundamental” neste punto o aumento de persoal tanto nos equipos de valoración coma nos encargados de resolver os programas individuais de atención –PIA- e o Programa de Asignación de Recursos –PAR-. Lembrou o incremento de 45 millóns de euros na aportación do goberno de España a través do Plan de Choque da Dependencia, e dixo que “deberan aumentar o persoal para cumprir as expectativas xeradas polo propio Feijóo neste aspecto”.

Lembrou que o propio presidente da Xunta presentou este Plan de Choque suporía a reforma máis ambiciosa do sistema de atención á Dependencia dende a súa creación. Reclamou o incremento do persoal para evitar uns tempos de agarda que hoxe máis que duplican o tempo fixado por Lei para as xestións, en boa parte debido aos recortes na Dependencia aplicados polos gobernos do PP dende o Decreto Lei de 2012, que afectou sinaladamente ás libranzas na contorna familiar.

Subliñou que, malia que os datos de agardas poidan mellorar de forma conxuntural, é porque “moita xente deixou de solicitar residencias e horas do Servizo de Atención ao Fogar –SAF- por mor da covid”, ou polas valoracións telefónicas impostas pola Xunta.

Sinalou que “se trata dun espellismo derivado das consecuencias da pandemia e dunha decisión da Xunta que está a provocar o evidente empeoramento nas valoracións, que non poden ser valoradas por teléfono”. Explicou que estas “corresponden a patoloxías que derivan nunha dependencia para a realización de actividades básicas na vida diaria”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08