Categorías: Actualidade

Paloma Castro insta á Xunta a manter a oferta educativa de secundaria e bacharalato no instituto Frei Martín Sarmiento de Pontevedra

Pide á Consellería de Educación que busque unha alternativa “máis axeitada” para ampliar a oferta de Formación Profesional noutros centros da cidade

A deputada pontevedresa Paloma Castro vén de instar á Xunta a manter a oferta educativa de Secundaria e Bacharelato no instituto Frei Martín Sarmiento de Pontevedra. Fíxoo, hoxe, logo de presentar unha batería de iniciativas neste sentido no Parlamento de Galicia.

“A Consellería de Educación está a actuar cunha total falla de transparencia e de costas aos intereses da comunidade educativa deste centro e, por iso, dende o Grupo Socialista esixímoslle que informen sobre o futuro a medio e longo prazo do instituto porque esta incerteza está a afectar a moitas familias”, sinalou Castro, tras lembrar que, na actualidade, o Frei Martín Sarmiento conta con 480 alumnas e alumnos.

No último ano, destacou, “a inspección educativa xa advertiu sobre a posibilidade de suprimir estes estudos para ampliar a oferta de Formación Profesional, pero o equipo directivo do centro non ten coñecemento algún sobre o plan previsto pola Xunta, malia que solicitaron información en repetidas ocasións”.

“Esta falla de información está a causar moitos prexuízos tanto entre as nais e pais do alumnado que dubidan á hora de matricular ás súas fillas e fillos nun centro que pode non ter continuidade; como entre o profesorado”, destacou, unha cuestión que “afecta a unhas 40 profesoras e profesores que, no caso de finalizar a oferta de ESO e Bacharelato, terían que ser trasladados a outros institutos”.

Por todo isto, Castro pediu á Xunta que busque unha alternativa “máis axeitada” para ampliar a oferta de Formación Profesional noutros centros da cidade e que informe á dirección do IES Frei Martín Sarmiento, á maior brevidade, sobre o plan de oferta educativa previsto para os vindeiros anos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38