Categorías: Actualidade

Paloma Castro esíxelle á Xunta que recupere as aulas suprimidas neste curso nas escolas de Verducido e Barcelos, en Pontevedra

A parlamentaria socialista Paloma Castro vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que recupere os servizos suprimidos na escola unitaria de Verducido e no CEIP Barcelos de Pontevedra de cara ao curso 20/21. Castro urxe á Xunta a incluír estes servizos na planificación do próximo curso, que comeza no próximo mes de marzo.

Castro lembra en primeiro lugar que a Xunta pechou no curso pasado unha das aulas de infantil e neste curso suprimiu a unidade de Primaria da escola de Verducido, o que suscitou unha sentenza xudicial en contra.

Advirte que xa que a sentenza xudicial chegou cando xa pasaran 3 meses de curso, as familias optaron por continuar o curso nunha parroquia veciña, a onde lles mandara a Consellería de Educación. Sen embargo, sinala que a sentenza xudicial segue vixente e obriga ao goberno galego a abrir a aula e dotar ao centro dos medios necesarios para que os nenos e nenas poidan recibir Educación Primaria nesta escola rural no próximo curso.

As familias afectadas defenden a apertura desta aula para o próximo curso, “para seguir mantendo viva unha escola que leva aberta dende 1964, e emprazan á Administración a ter en conta o maltrato causado a todo o alumnado da escola de Verducido, non só aos de Primaria”. Explica que “toda a escola viviu esta situación como unha arbitrariedade, incluso os alumnos de infantil, que se viron privados de irmás, amigos e compañeiros de forma inxusta”.

Sinalou que “a Xunta ten a obriga de facer un esforzo para ofertar aos nenos e nenas do rural a mellor educación posible, dende a igualdade de oportunidades, apostando e apoiando ás familias que decidiron vivir no rural, conseguindo enraizar á poboación sen que se vexan obrigadas en ningún momento a renunciar a unha educación pública de calidade”.

Barcelos

Ademais, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que restableza a segunda aula de Educación Infantil no CEIP Barcelos, en Pontevedra, para habilitar dous grupos diferentes de cara ao curso 2021/22. Lembra que a Xunta comunicou, no pasado mes de setembro, a supresión dunha aula de 4º curso de Infantil para este curso, xustificando que había 19 alumnos e querían concentralos a todos nunha soa aula.

Finalmente o curso recibiu 4 matrículas adicionais, co que na actualidade hai 23 alumnos e alumnas matriculados en 4º de Infantil compartindo aula en contra de tódalas recomendacións de cara á pandemia, que recomendan aulas de menos alumnos con máis espazo. A Xunta desatendeu as manifestacións e peticións dos pais e nais, co que por primeira vez mantén unha única aula en 4º de Infantil.

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que, de cara á planificación do próximo curso, volva dividir este curso en dúas aulas con dous profesores, xa que “o colexio conta con instalacións amplas e suficientes para desenvolver as actividades de forma axeitada”. Esta medida resulta “moito máis beneficiosa non só para garantir a distancia sanitaria e a seguridade, senón que mellora a calidade da ensinanza ao diminuír a ratio de alumnos e alumnas por profesor.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08