Categorías: ActualidadeNovasPortada

Paloma Castro cualifica os orzamentos da Xunta para zona de Pontevedra como os do “eterno retorno”

A parlamentaria do PSdeG denuncia que as contas autonómicas segue a recoller as mesmas partidas que están sen executar dende hai anos

A vicevoceira do Grupo Socialista, Paloma Castro, cualificou hoxe o proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para a zona de Pontevedra como os do “eterno retorno”. A deputada do PSdeG alerta de que as contas do goberno galego volven recoller exactamente as mesmas partidas que levan varios anos sen executarse e que, adeamis, presentan serias carencias.

Neste escenario, Paloma Castro anunciou hoxe que o PSdeG vai presentar emendas aos orzamentos porque “entendemos que é fundamental corrixir as eivas” que se detectan co obxectivo de “aproveitar a saída da pandemia como punto de inflexión para mudar as políticas erróneas que se viñan facendo e avanzar cara un novo modelo máis social e sostible”. Neste senso, o PSdeG entende que os orzamentos “deberían reforzar o escudo social e os sectores económicos que estiveron máis castigados pola pandemia, así como aos Concellos, que como administración mais próxima levan dende o inicio da pandemia asumindo competencias impropias”.

Fronte a este modelo, Paloma Castro alertou de que “o goberno de Feijóo non comparte estas necesidades” e aumenta os soldos de altos directivos, de asesores e do goberno, mentres “non hai para médicos, nin para bolsas, nin para las residencias, nin para a hostalería”.

NECESIDADES NA ZONA DE PONTEVEDRA

Polo miúdo, no referido á zona de Pontevedra, Paloma Castro debullou as carencias máis significativas. Así, fixo referencia, por exemplo, á “partida decorativa que se repite ano tras ano” para a variante de Alba, un proxecto no que avogou por acadar “un consenso social que permita levar a cabo esta actuación para a mellora da seguridade vial e peonil desta parroquia”.

Tamén instou á Xunta a “deixarse de escusas” e iniciar o proxecto para o dragado do río Lérez, que se iniciou no ano 2011, do que non se sabe nada 11 anos despois e que nin sequera está orzamentado dende 2020. Tamén lle reclamou ao goberno galego que leve a cabo o pavillón polideportivo da Parda, ao que se comprometeu xa no ano 2008 e que “é tan necesario para o noso municipio”.

Ao mesmo tempo demandou o acondicionamento do edificio vello dos xulgados, “que precisa unha reforma urxente”, e que se contemplen actuacións da estrada vella de Marín, que se atopa “nun estado lamentable” e que entraña “un grave risco” para usuarios e para a veciñanza da zona. A maiores, lamentou que, despois de 8 anos paralizada, non se inclúa nin un só euro  para a reurbanización do barrio de Monteporreiro.

Paloma Castro tamén incidiu  no traslado e acondicionamento do Punto de Encontro Xudicial de Pontevedra, polo que pasan cada fin de semana unha media de 200 persoas e que “é insuficiente e non reúne as condicións axeitadas”. Avogou ademais por unha rehabilitación da deteriorada ponte de Pontesampaio “con todas as garantías que merece, xa que constitúe parte do patrimonio histórico de Galicia”.

Con respecto á situación de ENCE, Paloma Castro criticou que “non existe nin unha soa referencia nos orzamentos da Xunta” cando se trata “dun tema crucial para a nosa comarca” e que debe estar dentro das prioridades políticas do goberno de Feijóo, xa que é a autoridade competente en materia de desenvolvemento industrial”.

Nesta liña, a deputada socialista lembrou que o PSdeG xa lle esixiu ao goberno galego a necesidade de encargar a un comité de expertos independentes a redacción dun informe técnico sobre os distintos emprazamentos posibles e sobre a viabilidade técnica e económica dunha nova pasteira. A partir de aí, haberá que “impulsar as negociacións co grupo ENCE para a construción dunha nova planta de celulosa en Galicia”.

De maneira complementaria, Paloma Castro lembrou tamén a falta de compromiso e solucións para o problema da EDAR de Praceres, cos conseguintes niveis de contaminación da ría, ou co edificio da Xunta en Benito Corbal. Por último, criticou que non haxa partidas para o arranxo estrada que vai a Pontecaldelas, a ampliación do IES Torrente Ballester –“que tamén anunciaron en campaña”- ou a senda peonil e ciclista.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18