Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena reclámalle á Xunta que pague a débeda de 5 millóns de euros coa Orquestra Sinfónica de Galicia

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, esixiulle hoxe á Consellería de Cultura que pague a débeda de máis de 5 millóns de euros que lle debe á Orquestra Sinfónica de Galicia logo de 10 anos de incumprimento do convenio asinado en 2004 co Concello de A Coruña. Arangüena presentou unha pregunta en Comisión na que advertiu que “non sabemos se Feijóo non paga porque non lle gusta a música ou porque non lle gusta A Coruña”.

O parlamentario socialista amosou a súa sorpresa pola resposta do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen negou a débeda e emprazou a presentar unha demanda. Arangüena cualificou de “inaudita” esta resposta por parte dun goberno que “incumpre a obriga de pagarlle á Orquestra Sinfónica de Galicia –OSG- ao tempo que lle reclama á xente que pague os seus impostos ou que cumpra as restricións sanitarias”.

Lembra que a Xunta asumiu a obriga de entregarlle ao ente un mínimo de 3 millóns de euros anuais, tal e como figuraba no convenio de financiamento asinado polo ex presidente Fraga e o ex alcalde Vázquez en 2004. O acordo, explica, cumpriuse ata o ano 2010, pero dende entón o goberno galego “de xeito inaudito” incumpriu “ano tras ano” con importes que oscilan entre os 358.000 e os 859.000 euros anuais, ata acumular unha débeda de máis de 5 millóns de euros.

Esta situación “pon en risco a súa actividade social, ademais de imposibilitar unha planificación axeitada das actividades”, e acusou ao Executivo de “deixar caer un dos seus símbolos culturais”. Lembrou a moción aprobada por unanimidade da Corporación Municipal -incluído o PP- o pasado 3 de outubro solicitando o pago da débeda, unha demanda reiterada pola alcaldesa da cidade, Inés Rey, unha iniciativa tamén aprobada na Deputación provincial, daquela xa “coa excepción do PP”.

Pablo Arangüena contrastou o incumprimento “unilateral e alegre” por parte da Xunta e durante 10 anos dun acordo asinado polo presidente da Xunta, coa “desproporción” coa xestión da Cidade da Cultura, que “leva 20 anos en construción, que ten sido un foco de corrupción e despilfarro no que se enterraron 300 millóns” cando a obra fora orzamentada en 100.

Comparou o “dispendio” da Cidade da Cultura, que por si soa absorbe cada ano 3,5 millóns de euros só en mantemento, co incumprimento da obriga de pagarlle 3 millóns de euros anuais a “unha orquestra sinfónica de prestixio internacional e da que dependen 300 persoas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04