Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena reclama un plan de choque económico para a área da Coruña “á altura da maior crise das nosas vidas”

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, presentou hoxe na Comisión de Industria do Parlamento unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta un Plan de Reactivación Económica da área da Coruña para afrontar o impacto da crise da covid. O responsable socialista lamentou o veto do PP a esta proposta: “demostra que non hai previsión, non hai acción e non hai nada” por parte da Xunta.

Arangüena sinalou que “a maior crise económica das nosas vidas ten que ter unha resposta á altura”, polo que reclamou un plan de choque económico da área que incorpore a diagnose das posibilidades económicas da zona. Reclamou incorporar os proxectos radicados na área para optar aos fondos Next Generation, mentres a Xunta pasou de anunciar 7, a 108 e agora 354, “pero dos que ninguén sabe en que consisten nin quen está detrás, se é que existen realmente”.

Reprochoulle ao portavoz do PP que “só fose capaz de mencionar 3 proxectos na área da Coruña dos 354 que di que ten a Xunta de Galicia” e que “desvíe ás administracións locais unha reactivación que ten que liderar a Xunta de Galicia dentro das súas competencias exclusivas de política industrial e promoción económica, e non practicar coma sempre o escapismo”.

O parlamentario socialista presentou esta proposta “de sentido común e de xustiza” para afrontar unha “perspectiva certamente espeluznante” para a principal área económica de Galicia, e que de acordo coa Cámara de Comercio da Coruña sufrirá de cheo o impacto da crise, coa perda de 16.000 postos de traballo e 5.700 millóns de euros en facturación.

Advertiu de que “é imprescindible que a Xunta, que ten a competencia, as capacidades e a responsabilidade”, desenvolva unha acción contundente para compensar o impacto da pandemia coa participación das entidades representativas do empresariado, as administracións locais, sindicatos e a universidade”.

Fiascos

Sinalou que a área metropolitana “necesita dun moito maior compromiso económico da Xunta de Galicia, que non existiu na última década”, dez anos que se pecharon con “tres grandes fiascos non compensados por ningún éxito”. Citou así o “fiasco” de Hércules de Armamento, que “non moveu un tornillo en 5 anos”, e os do centro loxístico de Pemex e o investimento de 270 millóns de euros do grupo chino Beijing 3E en Punta Langosteira, que quedaron “en nada”.

Lamentou a falla de resultados do goberno galego, que non foi quen de facer nada diante da absorción do Banco Pastor e do Banco Galego, e que foi o muñidor da desaparición da antiga Caixa Galicia. A mesma que observou impasible a perda de galeguidade de Fenosa e o peche dos seus centros de traballo. Tamén pecharon empresas como Fadesa ou Caramelo, deslocalizouse R, liquidouse Isidro de la Cal ou Isowat e Aluibérica ten enormes dificultades.

Sinalou que a economía da área coruñesa “móvese pola acción de empresas que non perciben ningunha vantaxe da acción económica da Xunta”, como o caso de empresas como Inditex, que “se moven pola súa conta e que non ven a utilidade de que a Xunta teña toda unha vicepresidencia Económica e Consellería de Industria, Empresa e Innovación que non lles serve absolutamente para nada”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18