Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Pablo Arangüena denuncia “o desleixo e a pasividade” da Xunta ante “o grave problema ecolóxico” que supoñen os vertidos aos ríos Deza e Asneiro

Lémbralle á Xunta que hai cando menos tres leis que lle obrigan a adoptar medidas para evitar os “reiterados” episodios de contaminación

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, alertou esta mañá de “non pode permitirse nin un minuto máis situación de pasividade e desleixo” da Xunta ante o “grave problema ecolóxico” que supoñen os vertidos aos ríos Deza e Asneiro, “que levan décadas sufrindo episodios de contaminación reiterados”.

Neste contexto, Pablo Arangüena reclamóulle á conselleira de Infraestruturas que adopte as medidas necesarias para atallar un problema que “nunca foi solucionado pola administración autonómica a pesar de ter os medios, os fondos e a obriga de facelo”.

Lonxe diso, alertou de que os vertidos “están empeorando e acadando niveis desmedidos e esaxerados ante a pasividade da propia Xunta e do Concello de Lalín, onde están emprazados o parque empresarial e a depuradora dos que supón que proceden desde hai moitos anos”.

Este mesmo verán, relatou o deputado socialista, tiveron lugar “polo menos cinco vertidos perfectamente visibles, un dos cales provocou efectos en forma de escuma branca que cubría o río case por completo”. Este vertido chegou a apreciarse con nitidez á altura do couto de pesca de Ximonde, no río Ulla, e acabou desembocando “aínda perfectamente visible” na ría de Arousa. Ademais, dous destes episodios de contaminación foron denunciados, ademais, ante o Seprona e a Fiscalía pola asociación AEMS-Ríos con Vida e pola Sociedade Deportiva Río Deza no mes de agosto.

Pablo Arangüena explicou que último deses cinco vertidos tivo lugar o 1 de setembro, “pero a día de hoxe non coñecemos ningún resultado da investigación que debería terse levado a cabo en calquera país que tome en serio a situación dos seus ríos e do seu medio ambiente”.

En consecuencia, Pablo Arangüena advertiu que estes ecosistemas fluviais “estanse estragando de xeito constante” ata o punto de que “perderon a maior parte da riqueza piscícola e ambiental que tiñan no pasado”. Como exemplo disto, o vicevoceiro do PSdeG sinalou  que os ríos Deza e Asneiro, ao igual que a totalidade dos ríos de Galicia, “experimentaron un drástico descenso na poboación de troitas na última década”.

A maiores, o parlamentario do PSdeG incidiu en que “o cambio climático provoca unha diminución do caudal dos nosos ríos, que agrava o problema ano a ano porque canta menos auga ten un río máis sensible é ante calquera episodio de contaminación.” En paralelo, advertiu que, ademais dos problemas ecolóxicos asociados á contaminación, “os ríos afectados proporcionan tamén auga para o consumo de distintas poboacións”.

Así, Pablo Arangüena lembroulle á conselleira de Infraestruturas que a Xunta de Galicia ten a obriga de protexer os ecosistemas fluviais de Galicia e que conta con, cando menos, tres leis para iso: a de pesca continental de Galicia, a de patrimonio natural de Galicia e a de protección ambiental de Galicia. “Contrariamente ao que parece considerar a Xunta”, explicou Arangüena, “estas leis non son de aplicación opcional para a administración, senón que impoñen obrigas concretas para garantir a nivel galego o dereito a un medio ambiente adecuado”.

“Cumpran e fagan cumprir vostedes as nosas leis e impidan a contaminación do Deza, do Asneiro, do Ulla e de todos os ríos de Galicia”, esixiu Pablo Arangüena.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04