Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena apoia a transferencia de Tráfico e Seguridade Viaria a Galicia “por convicción federalista e coherencia fronte á parálise e ao inmobilismo”

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, reclamou hoxe a transferencia a Galicia da competencia de Tráfico e Seguridade Viaria “por convicción federalista e coherencia fronte á parálise e inmobilismo” dun goberno galego que leva 12 anos sen acadar unha soa nova transferencia de competencias para Galicia.

O Grupo Socialista votou a favor da proposición de Lei presentada hoxe no Pleno do Parlamento polo BNG, que foi aprobada coa abstención do PP. A votación tivo lugar, antes do debate, mañá mércores, da proposición non de Lei do Grupo Socialista para comezar coa transferencia de 30 novas competencias para Galicia, “máis ambicioso que o que nos ocupa neste momento”, sinalou Arangüena.

O responsable socialista defendeu o “federalismo dinámico” que permita avanzar na transferencia de competencias a Galicia dentro do marco do actual Estatuto de Autonomía en lugar do “camiño do delirio independentista que no leva a ningures”. Defendeu así esta competencia, que xa fora presentada polo Grupo Socialista en 2019 pero decaeu polo remate da Lexislatura, porque “a xestión do tráfico en Galicia pódese facer mellor dende Galicia”.

Defendeu a xestión propia dunha competencia que tanto Cataluña como o País Vasco xa xestionan esta competencia dende hai 3 décadas. Explicou a elevada incidencia da sinistralidade viaria en Galicia, que no ano 2019 rexistrou 127 falecidos na estrada, cun índice de 47 mortes por millón de habitantes, fronte aos 23,9 de Madrid, os 30 do País Vasco ou os 31 de Asturias.

Apuntou ás condicións especiais da rede viaria de Galicia, cunha maior dispersión das poboacións, a gran rede de estradas secundarias, máis inseguras que as principais, un transporte público insuficiente, unha poboación avellentada, con “cada vez máis persoas maiores que viven soas e se desprazan soas”, e un parque móbil tamén máis envellecido que a media estatal.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23