Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo lamenta que a Xunta “non estea á altura da situación” coa xestión da pandemia: “Están máis preocupados de cadrar as contas que por antender ás persoas”

Censura a “falla de transparencia” e a “opacidade” do goberno galego con respecto ás contas públicas da comunidade autónoma durante 2020

A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, vén de lamentar que a Xunta “non estea á altura da situación” coa xestión da pandemia cando “están más preocupados de cadrar as contas que por atender ás persoas”. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, trala intervención do conselleiro de Facenda e Administración Pública.

Rodríguez Rumbo censurou a “falla de transparencia” e a “opacidade” do goberno galego con respecto ás contas públicas da comunidade autónoma durante 2020 cando o conselleiro falou sobre “o informe pantasma” de peche de exercicio de 2020 “que só coñecemos a través dunha nota de prensa que está colgada na web da Consellería baixo o nome de ‘Informe aos medios’”.

“Por que razón non achegan o informe aos grupos da oposición?”, preguntou a responsable socialista ao conselleiro, a quen lle incidiu en que “isto non é serio”, xa que “vostede non goberna na súa casa nin sequera no seu negocio e isto tampouco é unha comunidade de propietarios, senón que son o goberno dunha comunidade autónoma”, por iso “estean á altura das responsabilidades que vostedes ostentan”, incidiu a socialista.

A responsable socialista lembrou que “os recursos extra viñeron porque o goberno de Pedro Sánchez despregou, tralo decreto de estado de alarma, unha serie de medidas para que as comunidades autónomas puidesen atender os gastos extra en sanidade e educación e para que proporcionasen axudas directas a empresas e traballadores autónomos afectados pola crise”.

Malia isto, sinalou, “no canto de poñerse ao seu carón para sumar esforzos e loitar contra a pandemia, uniron os seus esforzos con outros gobernos da mesma cor para entorpecer e crispar ante unha situación tan grave e xamais coñecida”.

CARENCIAS EN SANIDADE, EDUCACIÓN E EMPREGO

Neste senso, Rodríguez Rumbo censurou que os fondos do estado para gasto covid en sanidade “foron empregados, en boa parte, non para xestionar mellor”, senón “para retirar nesas mesmas contías os fondos propios que dedicaba á Xunta” e, de feito, en 2020, “o goberno galego segue dotando á atención primaria de menos recursos dos que recibían no ano 2009”.

Ademais, destacou que o ano pasado, “no canto de apostar por un emprego público de calidade” no Sergas, a Xunta dedicou 500 millóns de euros para persoal eventual.

Así, Rodríguez Rumbo censurou tamén a falla de execución orzamentaria na partida de emprego, na que se deixaron sen executar 135 millóns de euros. “O número de ocupados no país non xustifica que deixen cartos sen executar”, lamentou a socialista.

Por último, en canto a educación, a voceira socialista lamentou que Galicia sexa a comunidade autónoma que destinou menos fondos covid á contratación de docentes, tal e como enuncia o informe da Plataforma Estatal de Infancia y Political Watch. Así, cada escola galega ten un profesor extra polo reforzo da covid, fronte aos dous de media en España, o que afonda “nunha eivas máis importantes da comunidade autónoma”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38