Categorías: Actualidade

Os socialistas reclaman “máis dilixencia e máis facilidades” nas axudas da Xunta aos veciños afectados pola explosión de Tui

Leiceaga chama a “volcar o apoio de tódalas administracións” e “converter un desastre nunha oportunidade colectiva” e realizar unha nova ordenación urbanística da zona afectada

Os socialistas impulsan a petición de comparecencia de Feijóo pola sentenza da trama Gürtel condenando ao PP

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou á Xunta a actuar con “máis dilixencia e máis facilidades” para tramitar as axudas aos veciños e veciñas afectados pola explosión do almacén clandestino da pirotécnica de Tui. Así o dixo logo de visitar, a semana pasada, a zona afectada e comprobar a “situación espectacularmente dantesca” que afecta a 250 persoas na parroquia de Paramos.

O responsable socialista reivindicou un “procedemento áxil que facilite as cousas” para os veciños afectados, logo da experiencia dos incendios do pasado outubro, cando 6 meses despois “ninguén estaba en condicións de recibir un só euro”. Advertiu da gravidade da situación actual, na que gran número de veciños e veciñas quedaron de súpeto “sen casa nin facenda” e abocados a unha situación de emerxencia “durante demasiado tempo”.

Instou a tódalas administracións implicadas, Xunta, Deputación Provincial e Concello, a “volcar o seu apoio” sobre os afectados e “transformar un desastre nunha oportunidade colectiva” e realizar unha nova ordenación urbanística da zona que permita volver levantar as vivendas canto antes. Instou ao goberno galego a activar unha figura urbanística “máis áxil, para que sexa realizada en meses”.

Sinalou tamén o esforzo da Deputación Provincial, que trasladou a Tui a 6 dos 7 asistentes sociais que operan sobre o terreo e que “permite axilizar os trámites” para as solicitudes das familias. Apuntou ademais a artellar unha “solución fiscal” para afrontar as fortes perdas patrimoniais que supuxo a explosión.

Fernández Leiceaga saudou a actuación das forzas e corpos de seguridade, sinaladamente sobre a rapidez coa que detectaron os novos almacéns de material explosivo, e alertou sobre a “escasa dilixencia previa” que permitiu a acumulación destes materiais en zonas poboadas.

Apuntou á “responsabilidade moi nítida” do propietario do material, pero advertiu que “hai quen vendeu e quen está disposto a comprar” estes produtos, un aspecto que compre clarificar agora para “saber que ten pasado”.

Gürtel

O responsable socialista instou ao presidente da Xunta a dar conta dos efectos da sentenza da Gürtel, que constata un entramado de corrupción institucional do que participa o PP e que afecta ao conxunto do territorio do Estado. Lembrou ademais que “aínda que a veces pase por alto, o propio presidente da Xunta está na cúpula do PP”.

Engadiu ademais que “un dos principais protagonistas” desta trama foi secretario de Organización do PP galego e ostentou cargos públicos por designación directa nesta Comunidade Autónoma ata 2005. Apuntou que “de momento estase xulgando a fase inicial da Gürtel” polo que ve “posible que despois aparezan novos casos”.

Fernández Leiceaga apuntou que o presidente da Xunta responderá deste caso no Parlamento de Galicia tanto admitindo a solicitude de comparecencia que presentou a oposición a iniciativa dos socialistas galegos como polas iniciativas dos grupos parlamentarios na orde do día. Ademais, puntualizou que “non descartamos outras opcións ou iniciativas”, en referencia á proposta dun Pleno Extraordinario.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04