Categorías: Actualidade

Os socialistas propoñen acondicionar e mellorar a seguridade no camiño circular de Valdeorras

A deputada ourensá, Noela Blanco, presentou esta mañá unha Proposición non de Lei para proxectar e executar no 2019 obras para o acondicionamento e a mellora da seguridade no Camiño Circular de Valdeorras, separando o tramo do camiño que discorre pola N-536 comprendido entre as localidades de A Rúa e Vilamartín, dando continuidade as melloras executadas polo Concello de Vilamartín, a través do acceso este ao núcleo da Rúa de titularidade da Xunta de Galicia.

A representante socialista explicou que o camiño está sinalizado, e acondicionado na práctica totalidade do seu percorrido, a excepción do tramo anteriormente citado, que provoca que sexa perigoso para os seus usuarios e usuarias. Por este motivo é necesario separar o camiño da estrada para conseguir un camiño libre de obstáculos e perigos.

Blanco recordou que pese a que o Concello de Vilamartín xa realizou varias melloras, pero a dificultade do trazado, as fortes pendentes das ladeiras, a proximidade da infraestrutura do ferrocarril e o feito de que o tramo da estrada polo acceso leste ao núcleo da Rúa sexa de titularidade da Xunta, e non municipal, fan necesaria a intervención do Goberno galego.

Sinalou tamén que o camiño circular de Valdeorras ten unha lonxitude de 82 quilómetros, e a existencia de infraestruturas de servizos fan posible a realización de percorridos, ben de toda a senda ou ben por tramos, posibilitando non só o coñecemento das poboacións que percorre senón tamén dos seus atractivos naturais e monumentais, destacando a Serra Enciña da Lastra, no municipio de Rubiá.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18