Categorías: Actualidade

A dirección da CRTVG ten que escoitar aos traballadores para acabar co conflito colectivo

A portavoz socialista na Comisión de Control da CRTVG, Noela Blanco, trasladou esta mañá o apoio as mobilizacións realizadas polos traballadores do medio e pediulle ao Director Xeral da compañía que “escoitase” pois nunha negociación un non se pode limitar “unicamente a falar” e atenda así as demandas postas sobre a mesa. Así o dixo no debate dunha iniciativa parlamentaria en Comisión parlamentaria.

A deputada socialista sinalou que eses seis meses de loita son “seis meses de loita contra o desmantelamento, a manipulación e o incumprimento da lei”, “seis meses a favor da pluralidade e a dignidade nos medios públicos” e “seis meses de compromiso co servizo público e coa sociedade galega” mentres que a dirección leva “seis meses mirando a outro lado” ante un “Black Friday” que liquida e traspasa os medios a compracencia do Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo.

Recordou así as “históricas mobilizacións” do 8 de setembro que culminaron cunha gran manifestación en Santiago de Compostela. Denunciou que nas novas mobilizacións convocadas nas próximas semanas, que consistirán en 7 días de paros parciais e dúas folgas de 24 horas o 19 e o 22 de decembro, os servizos mínimos impostos novamente pola dirección son “abusivos”, ao igual que “os que o TSXG anulou respecto a folga do 8-M” por pretender manter a programación habitual, como se nada pasara”.

A portavoz socialista lamentou que diariamente saian novas noticias negativas en relación a CRTVG, recordando como nos últimos meses continuou a manipulación informativa, elimináronse as conexións locais da RG, a supresión do Diario Cultural ou os graves problemas técnicos. Pero incidindo sobre todo na represión aos traballadores, destacando o caso de Tati Moyano e Carlos Jiménez, ao cal lle mandou o apoio do Grupo Socialista polo recente expediente disciplinario.

Manipulación

Noela Blanco presentou tamén unha pregunta logo da censura nos medios públicos da información sobre a sentenza condenatorio do TSXG que deixaba en evidencia o procedemento irregular da Consellería de Educación para favorecer a incorporación dunha docente, emparentada coa Secretaria Xeral de Igualdade, coa creación a súa medida dunha praza na “Escuela de Restauración de Bens Culturais de Galicia”.

A representante socialista sinalou a “gravidade” da sentenza na que se indica a torcida actuación do Goberno galego, e que motivou dúas preguntas urxentes no Pleno por parte da deputada socialista Maria Pierres. Criticou que a noticia nunca se emitira pola CRTVG, e que só os medios privados falaron do “nepotismo da Secretaria Xeral de Igualdade” pois os medios públicos “están sesgados por un criterio claramente político favorable ao Goberno da Xunta”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08