Categorías: Actualidade

A Xunta “nin se propón” crear unha escola de formación maritimo-pesqueira na mariña lucense

A deputada socialista Patricia Otero lamentou esta mañá que a Xunta de Galicia “nin se propoña” a creación dunha escola de formación no ámbito marítimo-pesqueiro na Comarca da Mariña a pesares do déficit de formación en cursos obrigatorios para poder saír a faenar. Así o dixo nunha pregunta oral da Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo

Otero destacou a importancia deste sector na zona da Mariña, ao que se lle vinculan 6000 postos de traballos e no que so as lonxas moven 127 millóns de euros. Dentro desta flota destacan as embarcacións de gran tonelaxe que faenan en alta mar e que por tanto precisan de formación específica para poder realizar correctamente a súa actividade produtiva.

A representante socialista expuxo a “penosa situación” da zona, a cal “carece de centros que impartan algunha das FP da familia Marítimo-Pesqueira nin se está a impartir na actualidade ningún certificado de Profesionalidade do sector , sen esquecer a desaparición dos cursos anteriormente ofertados pola Delegación de Pesca de Celeiro, a infrautilización do centro Vicente Gradaílle”.

Continuou denunciando a “situación de abandono” a que o Goberno da Xunta ten abocada a Provincia de Lugo “leva a que os mariñeiros que precisan desta formación teñan que viaxar a Coruña, Pontevedra ou incluso a outras comunidades en busca dunha formación necesaria para poder realizar o seu traballo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04