Categorías: Actualidade

Os socialistas din que as contas de Feijóo non saldas as débedas históricas coa provincia de Lugo

A Secretaria Provincial de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero, advirte que “neste documento non hai nin un só proxecto relevante para a provincia de Lugo, por moito que o PP tente incluir nos Orzamentos a creación da nova residencia de Maiores de Lugo, financiada pola Fundación Amancio Ortega”

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, dixo que “as contas de Feijóo para a provincia de Lugo non saldan as débedas históricas coa nosa provincia”. Tras coñecer a publicación dos orzamentos da Xunta advertiu que “neste documento non hai nin un só proxecto relevante para a provincia de Lugo, por moito que o PP tente incluir nos Orzamentos da Xunta a creación da nova residencia de Maiores de Lugo. Unha obra da que é preciso lembrar, é financiada íntegramente pola fundación Amancio Ortega” .

Asi as cousas Otero cualifica estas cifras como “unha tomadora de pelo aos lucenses”. E prosigue coas suas criticas “seguimos coas mesmas contías de orzamentos pasados, poque nada se fixo, contias que por outro lado son completamente insuficientes. Como por exemplo os 500.000 euros do Plan Paradai, 300.000 para a Rolda Leste Lugo ou os 750.000 euros para o acceso Porto Seco de Monforte de Lemos”, por citar algún.

No que se refire as obras da Edar de Burela contan cunha previsión orzamentaria de 369.000 euros, dun proxecto total que ronda os 9,000.000  euros. “Unha infraestructura prometida xa no ano 2015, e que pon en serio risco a perda dos fondos europeos existentes”, advirte a Secretaria Provincial.

Sobre o desdobramento do Corredor Nadela-Sarria, “as contas de Feijoo xa advirten que este desdobramento só vai chegar a Sarria, e non ata a Monforte de Lemos como inicialmente estaba previsto”.“Esta é a politica do PP, promover infraestructuras en anaquiños. O mesmo ocorre coa VAC da Costa Norte, levan poñendo as mesmas cifras ano tras ano nos orzamentos. Pero a única  realidade a día de hoxe é que segue sen executar”, denuncia Otero.

Intermodal de Lugo

No que se refire a Estación Intermodal de Lugo os orzamentos do 2020 tiñan unha previsión orzamentaria para a anualidade do 2021 dun montante de 2.500.000 euros, pero a realidade que hoxe nos amosan as contas de Feijóo é que a contia ascende a 1.530.214 euros. “Polo tanto rebaixou a previsión en máis de 1 millón de euros, estas son as verdadeiras contas de Feijoo para Lugo”, resumiu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08