Categorías: Actualidade

Os Orzamentos de Infraestruturas, un “copia e pega” dos anos anteriores con proxectos repetidos que nunca son executados

A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, criticou hoxe que os Orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta para 2022 son un “copia e pega” das contas dos anos anteriores, que “pintan” actuacións das que “nada se fai e nada se executa”. Así o dixo na comparecencia da responsable deste departamento na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

Otero advertiu que estas contas “non ofrecen nada novo” e anticipan un fracaso á hora de “facer recuperación económica con obra pública” e de presentar unhas contas “que permitan a recuperación económica”. Os plans da Consellería, dixo, “non contemplan ningunha infraestrutura nova para a nosa comunidade autónoma”, e se limitan a repetir os proxectos que quedaron sen executar de anos anteriores mentres responsabilizan a goberno central e concello.

A responsable socialista puxo como exemplo a partida de Construción, Conservación e Explotación de Estradas, que a mediados de ano tiña un nivel de execución de tan só o 16 por cento, unha partida que o ano anterior rematou cunha execución do 76,5 por cento deixando sen executar case un de cada catro euros do orzamento. Ademais, o incremento que rexistrou o apartado de conservación de estradas continúa a ser inferior á perda de 44,6 millóns entre 2018 e 2020.

A responsable socialista puxo como exemplo as infraestruturas da provincia de Lugo, que “ano tras ano repiten partidas que non se executan” , como a rolda leste da capital da provincia, o Plan Paradai, o eixo Bergonte – Friol, a estrada de Folgoso do Caurel ou a estrada dea cceso ao Porto de Seco de Monforte.

Lei da Auga

Otero reclamoulle á conselleira que pare coa tramitación da Lei de Mellora do Ciclo Integral da Auga para iniciar un proceso de diálogo e consenso cos concellos, os principais afectados por este texto, e que están a alertar da invasión das súas competencias por parte do goberno galego. Dixo que “non é o momento de precipitarse” para aprobar un texto sen acordo das partes, cando non co rexeitamento dos concellos, e que vai encarecer o recibo da auga.

A responsable socialista lembrou o informe elaborado polos servizos técnicos da Federación Galega de Municipios e Provincias –Fegamp-, que alertan de que unha familia de tres membros que consuman 39 metros cúbicos de auga, verán a súa factura incrementada nun 60 por cento con esta nova norma.

Sinalou a alta preocupación das entidades locais, sinaladamente as máis pequenas, que terán serias dificultades para financiar os investimentos aos que obriga a nova normativa. Sinalou que “é normal que os concellos estean preocupados, porque son a administración máis próxima á cidadanía e serán os que teñan que explicarlle aos veciños e veciñas os motivos para a suba do recibo da auga”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18