Categorías: Actualidade

Os Orzamentos da Xunta “debilitan ao Estado do Benestar” en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinalou que os Orzamentos da Xunta para 2020 “debilitan o Estado do Benestar”. Na comparecencia do Conselleiro de Facenda que abriu o trámite en Comisión das contas para o próximo ano, Fernández Leiceaga acusou ao goberno galego de maquillar as contas cun “márketing electoralista moito máis alá do razoable”.

O parlamentario socialista empregou o título da coñecida obra de Shakespeare “Moito ruído e poucas noces” para desmentir o suposto carácter social dos orzamentos que está a anunciar a Xunta cando por exemplo destinan 3.266 euros á inclusión de persoas con renda inferior á Risga. O mesmo sucede coa Sanidade, onde “descontando o Fondo de Continxencia -32 millóns de euros que figuran como orzamento asistencial- e o incremento salarial, non queda nada”.

Advertiu tamén “maquillaxe” nos anuncios de reformas fiscais que en realidade teñen un impacto mínimo nos ingresos, como é o caso das participacións en entidades. Mentres, si que son relevantes as rebaixas fiscais ás maiores rendas aplicadas en 2019 e 2020 con relación aos impostos de Sucesións e Doazóns e Patrimonio, en contra da equidade e que “permitiría duplicar as prazas de Sanidade e ofrecer unha imaxe moi diferente”.

Ademais, criticou o “cambio de criterio” na xestión do déficit público, cando este ano si que recorren á décima adicional que permite o Estado debido á “urxencia por dispoñer de fondos adicionais en crédito para gastos que consideren necesarios unicamente porque este ano hai eleccións”.

Censurou que o goberno galego inclúa neste ano tódolos fondos da UE pendentes do período de investimento para aumentar as previsións de fondos cando “despois non os executan, porque os van gastar en anualidades ata cando corresponda”. Acusou á Xunta de provocar un “apagón informativo nas consellerías” con relación ao destino dos investimentos, deixando mans libres para “vender en moitos sitios investimentos baseados nas cifras globais que despois non se executan”.

Fernández Leiceaga advertiu que o goberno galego incumpre co compromiso de presentar o grao de cumprimento do Plan Estratéxico, que “non poden” porque quedan “moi por debaixo”. Apuntou así ao crecemento real da economía galega, moi inferior da meta do 2,5 por cento, ao obxectivo de dedicar o 1,7 por cento do PIB a I+D+i, ou ás máis de 400.000 persoas en risco de pobreza cando a referencia era situalas en 100.000.

Sinalou ademais o fracaso no obxectivo de creación de emprego, por debaixo da media estatal, e “a pesares diso amosan a súa incapacidade de xestionar os fondos de emprego”, cunha alarmante falla de execución das partidas destinadas a fomento do emprego estable e de calidade. Sinaloou que “teriamos que buscar crecer un pouco máis que España, crear máis emprego e a partir de aí recuperar paulatinamente o diferencial de produtividade”, o que sinxelamente “non sucede”.

Excepcionalidade

O portavoz socialista desmentiu o argumento da “suposta excepcionalidade e heroísmo” do goberno galego por presentar as contas en prazo cando “fan o que teñen que facer e o que están a facer outras 6 comunidades autónomas” en base ás previsións da Airef.

Tamén retrucou ás críticas do goberno galego contra a inestabilidade no goberno de España cando “non houbo ningunha axuda por parte do PP para aprobar o Orzamento do Estado nin para conseguir un goberno estable que agardemos que saia das próximas eleccións porque necesitamos que España e a UE vaian ben”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08