Categorías: Actualidade

Orzamentos e cambios normativos para mellorar a sanidade pública

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta “orzamentos e cambios normativos” para rectificar os 10 anos de recortes na sanidade, a perda de 1.250 prazas de profesionais e o aumento dos contratos eventuais na sanidade pública, que practicamente se duplicaron dende 2011.

Na sesión de control do Parlamento ao presidente, cualificou de “tomadura de pelo” a proposta de sanidade de “modificar as políticas sanitarias con tan só 17,5 millóns de euros en 2 anos”. O responsable socialista reiterou a súa chamada ao presidente da Xunta para “rectificar” a súa política sanitaria e “ser valente, recoñecer erros estruturais, de diagnose e de xestión e facerlle caso aos profesionais”.

Reclamou “levar ás normas” as propostas dunha xerencia propia de Atención Primaria, a garantía de tempos mínimos para atender aos pacientes e do número de consultas para os profesionais. Tamén solicitou garantías de contrato de persoal estatutario eventual, que os PACs dispoñan de equipos completos en función da demanda e dun conxunto de probas comúns mínimas para os centros de atención primaria.

Fernández Leiceaga censurou a “timidez” das propostas do goberno galego que “sen recursos orzamentarios non vai ser posible” e reclamou así a modificación dos orzamentos para darlle a volta ao modelo sanitario do PP. Afeoulle ao presidente da Xunta que non teña cuantificado o custe orzamentario das 175 medidas previstas para 2019 e 2020, postas enriba da mesa despois da aprobación dos orzamentos con 8 millóns de euros anuais “absolutamente insuficientes”.

Lembrou que o gasto sanitario por persoa está en Galicia 100 euros por debaixo do de Castela e León, Aragón ou Estremadura, e 250 euros inferior ao de Asturias, todas elas comunidades non forais cunha estrutura demográfica semellante á de Galicia.

Cortina de fume

O portavoz socialista acusou ao presidente da Xunta de utilizar o superávit de Galicia para a sanidade como “cortina de fume” para desviar a atención cara ao goberno central mentres evitan tomar medidas cos orzamentos propios. Lembrou que a Lei de Orzamentos de 2018, aprobada por Rajoy e actualmente en vigor, impide que se destine o superávit a todo aquelo que non sexan investimentos sostibles no tempo, eficiencia enerxética e cambio climático.

Sinalou que “a norma de Rajoy” impide dirixir estes cartos a sanidade, educación ou políticas sociais. “Pidámoslle ao goberno de España que modifique a norma, pero mentres tanto debemos facer o posible dende aquí e modificar os orzamentos” para inxectar recursos na sanidade, “levar as promesas ás normas e aplacar o conflito na Atención Primaria e mellorar a atención sanitaria”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08