Categorías: Actualidade

Orzamentos 2020: “Pura ficción” e “inútiles para o sector pesqueiro”

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, sinalou que os Orzamentos da Consellería de Pesca para o próximo ano son “pura ficción” e que “lles valerán para a campaña electoral, pero son inútiles para o sector pesqueiro”. Así o dixo na comparecencia da conselleira para presentar as contas do seu Departamento para o próximo ano, que “non incorporan nada que mellore a vida dos e das profesionais do mar”.

Otero reclamou “autocrítica” na xestión do goberno galego para “ser conscientes dos problemas e buscarlles solucións”, fronte a unhas constas que son “inventados e desconectados do sector, pan para hoxe e fame para mañá”, resumiu antes de acusar ao goberno galego de facer unha “venta ao por maior na que os grandes estafados son as xentes do mar”.

Neste sentido sinalou que a propia Memoria dos Orzamentos “marca obxectivos que non son apoiados por partidas”, ademais de que elude afrontar os grandes problemas do sector, como o relevo xeracional, que segue “sen resposta” do goberno, que continúa sen apostar decididamente pola formación de profesionais da pesca. Por iso reducen as partidas para reverter o relevo xeracional, así como as axudas a xóvenes pescadores.

A parlamentaria socialista reclamou un cambio na xestión dun goberno que presenta como balance a perda de 482 embarcacións entre 2009 e 2018, así como un drástico descenso de ocupados dende os 23.800 de 2009 aos apenas 11.377 de 2017, de acordo cos datos oficiais da Consellería –Ocupesca-.

Infraestruturas

Patricia Otero criticou ademais o tratamento das infraestruturas portuarias nestes orzamentos, nos que “inclúen a dragaxe dos portos de Laxe e Celeiro -comprometida en 2011, ou do segundo martelo de Burela, “unha actuación da que só se lembran cando hai citas electorais á vista”. Mentres, dixo, suprimen a dragaxe do porto chico de Foz, a pesares de ter sido reclamado dende o Parlamento.

Censurou finalmente a falla de transparencia en Portos de Galicia, unha entidade “opaca” que “este ano tampouco comparecerá” para render contas no debate orzamentario. Criticou a situación actual do ente, que “cobra taxas abusivas aos concellos de 9.000 euros por 4 días de festa nos terreos de Portos no termo municipal que despois non reverten en melloras nas infraestruturas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08