Categorías: Actualidade

Orzamentos 2020: As “contas da resignación” para as políticas sociais da Xunta, que avanzan “como unha tartaruga”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe á Consellería de Política Social de presentar “as contas da resignación, reflexo dunhas políticas sociais que camiñan como unha tartaruga, mentres as necesidades da poboación galega avanzan como unha lebre”. Así o dixo na comparecencia no Parlamento da conselleira de Política Social, que presentou hoxe os Orzamentos do departamento para 2020.

Blanco denunciou que “seguen redirixindo recursos públicos aos centros de educación infantil privados” subindo o bono concilia e incrementando a partida a mantemento destes centros en 1,4 millóns de euros, e lembrou que a conselleira “aínda non compareceu para explicar a intoxicación de bebés en 9 escolas infantís da Xunta. Sinalou que mentres tanto os centros públicos continúan tendo listas de agarda, a pesares de que en 2018 houbera 14.322 falecidos máis que nacementos.

Sinalou que “a gran promesa electoral de Feijóo de abrir escolas infantís en polígonos industriais quedou convertida nun novo fiasco”, cun 70 por cento do orzamento sen executar e a redución das partidas dos 1,75 millóns de 2017 a menos da metade, 800.000 euros en 2020. Blanco reclamou a universalización da escolarización infantil de 0 a 3 anos con carácter gratuíto comezando “por quen máis o necesita”.

Alertou ademais da “desaparición dos investimentos para novas residencias para maiores”, e acusou ao goberno galego de “fialo todo á doazón do señor Amancio Ortega”. Lembrou o compromiso de Feijóo de facer residencias en tódalas grandes cidades, pero “en 10 anos non puxeron en marcha nin unha soa residencia de xestión pública”, e criticou que “en lugar de ser un goberno solidario cos maiores, os orzamentos teñen que vir da caridade privada”.

Noela Blanco advertiu que a Consellería é a peor valorada pola cidadanía segundo recentes enquisas, o “faroliño vermello, e unha das que máis queixas acumula ante a Valedora do Pobo”, que continúan mermando as partidas para as Pensións non contributivas. Lembrou que mentres Feijóo criticaba antes de 2009 que estas partidas supuñan 10 millóns de euros co goberno de Pérez Touriño, hoxe dedícalles “pouco máis de 7 millóns de euros”.

A responsable socialista criticou un orzamento “para ir tirando, insuficiente para loitar contra a pobreza, para dar unha atención de calidade aos nosos maiores, ás persoas con discapacidade e poñer en marcha políticas efectivas para a mocidade, que se sustentan grazas á inercia do sistema”.

A responsable socialista sinalou aos informes de Foesa Cáritas e EAPN sobre o estado da pobreza para sinalar unha situación “alarmante”, con repuntes nos anos de recuperación económica, sinalando que hai 128.000 fogares con menos de 370 de euros de ingresos mensuais, e 511.000 persoas vivindo en fogares en condicións de insalubridade, superando a situación de 2008.

Blanco advertiu que a pobreza laboral e os problemas derivados da infravivenda son “as dimensións nas que en maior medida se reflicte a exclusión social”, mentres o gobenro galego tan só fixo 8 vivendas de promoción pública nun ano, mentres cada ano aumentan en 2.500 os demandantes en Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08