Categorías: Actualidade

Orzamentos 2020: Abandono á cultura e a lingua galegas nuns orzamentos centrados nun Xacobeo sen ideas e unha Cidade da Cultura fracasada

O parlamentario do Grupo Socialista José Manuel Pérez Seco, acusou hoxe á Xunta de deixar á cultura e a lingua galegas “abandonadas” mentres “inflan” os orzamentos para un Xacobeo “sen ideas” e unha Cidade da Cultura “fracasada”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Cultura e Turismo para presentar os Orzamentos do seu departamento para o próximo ano.

Pérez Seco criticou que “o goberno non ten máis que o impulso do Xacobeo como remedio a tódolos problemas económicos e sociais de Galicia”, o que “é indicativo do esgotamento deste goberno e da súa falta de ideas e proxecto de país”. Ademais, matizou o suposto incremento dos orzamentos de Turismo en base ao Xacobeo, xa que pasa de 64,2 a 73,8 millóns de euros, o que supón 9,6 millóns máis, o que “equivale aos ingresos previstos por patrocinios”.

A realidade é que o incremento neto do Orzamento da Xunta para esta partida é “igual a cero”, co que acusounos de “inflar os orzamentos para o Xacobeo” e reclamou “deixarse de propaganda e actuar seriamente sobre os problemas básicos” da ruta. Así, reivindicou actuacións sobre “as infraestruturas necesarias, o arranxo dos camiños, a seguridade dos peregrinos, e a busca de solucións para a masificación en certos camiños redirixindo os fluxos para beneficiar a todos”.

Pérez Seco respondeu ás críticas do conselleiro por unha suposta falla de apoio do goberno central ao Xacobeo aludindo ás 3 partidas aprobadas por valor de 3, 2,5 e 22 millóns de euros para restauración e conservación, ademais de iniciativas de promoción e impulso e liñas de traballo á espera de formar goberno para “traballar para ter un Xacobeo o máis grande posible”.

Cidade da Cultura

Pérez Seco criticou tamén que a Cidade da Cultura “absorbe demasiados recursos” para unha infraestrutura para a que a Xunta demóstrase “incapaz de atopar un proxecto cultural propio e que se converteu nun conxunto de edificios administrativos”. Sinalou que a Xunta transfire 13,5 millóns ao complexo, que supera tódolos recursos das industrias culturais na totalidade, e só consigue ingresos propios de 2,5 millóns, cando o Plan estratéxico sinalaba que en 2015 obtería 4,5.

O prezo de manter o edificio, dixo, é manter á cultura “abandonada”, cuns orzamentos “estancados, un 60 por cento máis baixos que os de 2009 e que nin sequera chegaron aos que había na crise”. A Consellería non atende a sectores estratéxicos do libro e da edición, e mantén estancada á Axencia Galega das Industrias Culturais, por debaixo das cantidades de 2012, e fai que “toda a Estratexia da Cultura Galega 21, presentada este ano, sexa papel mollado”.

O mesmo sucede coa lingua galega, dixo, que padece a “desidia” do goberno galego nuns orzamentos “continuístas” que calcan as contas de 2019, como sucede co programa de fomento da lingua galega, que malia unha pequena suba “segue perdendo o 60 pro cento dos seus fondos con relación a 2009”.

Subliñou ademais que a Consellería “mantivo que faría unha labor de dinamización da lingua entre a mocidade cando tivera o Plan de Dinamización da Lingua na Mocidade, pero atopamos que o Plan nace sen orzamento para poñelo en marcha e unha Memoria que non inclúe ningunha acción no entorno”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08