Categorías: Actualidade

Orzamentos 2019: A Xunta abandona á Cultura para “poñerse a contar peregrinos”

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao goberno galego de “abandonar á Cultura” para centrar tódolos seus esforzos nunha concepción “errada” do próximo Xacobeo 21. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Cultura e Turismo para presentar os Orzamentos do seu departamento para o exercicio 2019.

A responsable socialista lamentou que a decisión de facer unha Consellería específica de Cultura e Turismo “en realidade non é para impulsar á lingua, aos creadores, ás empresas cultuais, nin facilitar o acceso á cultura”, senón que se debe á “razón conxuntural do Xacobeo 21”. Sinalou que o presidente da Xunta pretende crear “o gran departamento de publicidade e propaganda da Xunta”.

Advertiu que “o Xacobeo é algo moi serio” e reivindicou unha xestión máis alá de “eventos e fogos de artificio” mentres o goberno galego “intenta tapar a súa mala xestión a base de contar peregrinos”. Neste sentido, sinalou que “iso vai ser o que van utilizar para tapar a falla de xestión en áreas prioritarias do goberno, como sanidade ou educación, durante anos de goberno de Feijóo.

Por iso, dixo, a constitución dunha Consellería específica “non pode agochar que Cultura está como sempre abandonada, o que evidencia que non lles interesa en absoluto”, cuns orzamentos que medran nun 6,2 por cento “porque crece moito o departamento de Turismo”. Así, Cultura medra un 4,3 por cento, fronte ao 7,8 por cento de media de todo o goberno galego, e mantén os seus orzamentos 10 millóns por debaixo do ano 2012, en plena crise económica.

Cidade da Cultura

Burgo alertou ademais fronte ao “fracaso de xestión evidente na Cidade da Cultura”, que acabaron convertendo en “edificios administrativos” e que continúa absorbendo contías millonarias para pagar infraestruturas. Explicou que en 2019 detraeranlle 2,5 millóns de euros ás partidas de I+D+i das universidades galegas simplemente para financiar un “novo edificio innecesario” no complexo.

Criticou que o goberno galego teña “estancado” o orzamento destinado a Política Lingüística, ao que lle destinan 10 millóns de euros menos dos que orzamentaba o propio Fraga. Tamén está estancada, dixo, a Axencia Galega de Industrias Culturais, con 4 millóns menos que en 2012, así como o programa de Bibliotecas e Museos, no que ademais de conxelar o seu orzamento, dixo, no ano 2017 -o último pechado- deixaron sen executar 4 millóns de euros.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18