Categorías: ActualidadeNovasSecretaría Xeral

O PSdeG situará no centro do debate os problemas da “Galicia real” fronte ao “marketing” de Feijóo

Santiago, 21 de setembro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, avanzou este venres que os socialistas galegos situarán no centro do debate político os problemas económicos, sociais e medio ambientais que atravesa Galicia, por seren os asuntos que “preocupan aos galegos” e que reflicten “a Galicia real”.

Fronte ao “marketing” e ás “cortiñas de fume” que tenta poñer en marcha Feijóo, como explicou o líder dos socialistas galegos, toca poñer sobre a mesa “a calidade do emprego e dos servizos públicos, o problema demográfico e o desenvolvemento sustentable”.

Nunha comparecencia ante os xornalistas en compañía da presidenta do PSOE, Cristina Narbona, e o presidente do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, Gonzalo Caballero deixou claro tamén o seu rexeitamento ao “agravio comparativo” do que fala Feijóo para tentar “impedir que se fale dos avances” protagonizados polo goberno de Pedro Sánchez.

“É unha estratexia de confusión coa que busca eximirse da súa responsabilidade no que ten feito Rajoy os últimos sete anos coa súa complicidade”, remarcou o máximo dirixente do PSdeG, non sen advertir de que os socialistas galegos “non llelo imos permitir”.

Así, Gonzalo Caballero puxo en valor as medidas postas en marcha polo executivo socialista para mellorar as pensións, a sanidade, a educación, a dependencia, o eido laboral, a memoria histórica ou a emigración en “100 días repletos de actividade” centrada nos asuntos de interese para a cidadanía.

TRANSFORMACIÓN DE ESPAÑA

Pola súa banda, a presidenta do PSOE puxo o foco na importancia da Axenda 2030, que impulsa transformacións nos eidos social, económico, ambiental e institucional no ámbito das Nacións Unidas; un asunto no que o goberno de Rajoy non ten deixado “prácticamente ningún avance” e co que está “absolutamente comprometido” o actual goberno de España.

Ten que ver, como explicou, de iniciar unha senda de rexeneración democrática e tamén de combater as “carencias” que existen no mundo. “Pobreza, hambre, contaminación, desigualdad…”, enumerou Cristina Narbona, sen esquecerse de que moitos destes aspectos son competencia autonómica en España.

Así, subliñou que “en España se retrocedió” de forma substancial durante a etapa de goberno de Rajoy, sinalando aspectos como a eliminación do carácter universal da sanidade; ao tempo que apuntou que “en Galicia existen gravísimos problemas de carácter social que hay que abordar”.

Por todo isto, a presidenta do PSOE anticipou que os contidos da Axenda 2030 terán o seu reflexo nos programas cos que os socialistas concorrerán aos distintos procesos electorais que están por vir.

CENTRADOS EN GALICIA

En paralelo, Xoaquín Fernández Leiceaga destacou como “moi ambiciosos” os obxectivos desta senda de traballo e abordou tamén a súa proxección en Galicia.

Así, en canto ás cuestións ambientais, alertou dos “problemas de contaminación e de depuración e vertidos” nas rías galegas, mentres no eido social aludiu ás iniciativas do PSdeG para mellorar os servizos públicos básicos e combater a pobreza, sobre todo a que atinxe aos menores.

Por último, o presidente e voceiro parlamentario do PSdeG agradeceu a iniciativa de Cristina Narbona de “impulsar” un foro cos presidentes do partido nas distintas federacións que, nesta ocasión, ten sido en Santiago de Compostela.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13