Categorías: Actualidade

O PSdeG reclamará á Xunta dende os concellos que consensúe o protocolo de inicio do curso escolar e que asuma os custes das medidas a implementar

A moción que se debaterá nos plenos municipais demanda tamén “persoal suficiente” para a atención educativa e “garantir o funcionamento de transporte e comedores escolares”

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2020. O PSdeG reclamará á Xunta dende os concellos que se reúna cos representantes do profesorado e das familias do alumnado ao obxecto de acadar un protocolo de inicio de curso “consensuado” e “coas máximas garantías posibles” para afrontar o período lectivo adecuando os centros á nova situación e garantindo as medidas de protección necesarias fronte á covid-19.

Despois de que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instara ao goberno galego a “exercer as súas competencias” en materia educativa e “consensuar” o protocolo covid para a volta ás aulas, os socialistas levarán unha moción a todos os concellos de Galicia para demandar ese acordo.

No texto da moción, o PSdeG defende tamén que se dote aos centros escolares do profesorado e do persoal “suficiente” para asegurar unha correcta actividade educativa, así como “garantir o funcionamento do transporte e dos comedores escolares” nos mesmos termos nos que se viña facendo.

Así mesmo, os socialistas demandarán á Xunta que defina, de acordo coa Fegamp, os recursos necesarios para o desenvolvemento do curso escolar; ao tempo que se xere “unha dinámica de colaboración estable para este cometido” coa entidade que aglutina aos concellos “mentres dure esta situación extraordinaria”.

Ademais, no eido económico, a moción formulada polo PSdeG demanda á Xunta que habilite “os fondos extraordinarios necesarios” para que os incrementos de custes que teñen que asumir centros, anpas e concellos como consecuencia das medidas dese protocolo sexan asumidos pola administración autonómica.

Do mesmo xeito, os e as socialistas instarán á Xunta dende os distintos concellos a “negociar de maneira transparente con todos os sectores implicados” o reparto dos fondos extraordinarios enviados ás comunidades por parte do goberno de España para o eido educativo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18