Categorías: Actualidade

O PSdeG reclámalle á Xunta que revirta os recortes de profesores do IES A Sangriña

A viceportavoz parlamentaria Leticia Gallego denunciou que “o goberno de Rueda está en contra da educación pública”

A viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Leticia Gallego Sanromán, denunciou os recortes de docentes do goberno de Alfonso Rueda, o cal sinala que “está en contra da educación pública. Incidiu na necesidade de reverter esta política para garantir o dereito dos alumnos a unha ensinanza de calidade e na desigualdade social que isto xera.

A deputada socialista mantivo hoxe unha reunión co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de educación, Fátima Rodríguez e  o director do instituto IES A Sangriña, Carlos Alonso. O motivo da mesma é que neste centro a Xunta recortou seis profesores o curso pasado e sete para o que vai comezar, facendo un total de trece docentes menos en dous cursos. Isto motivou a dimisión conxunta da directiva en sinal de protesta e impotencia.

A política de recortes en educación levou a este instituto público a un “punto límite”, xerando un gran malestar entre o persoal docente, que ten unhas ratios de ata 180 alumnos por docente e 30 alumnos por aula. Nestas condicións resulta “imposible” para os profesores ensinar ao alumnado con eficacia.

Para Gallego esta é unha mostra máis do “nulo interese do PP” pola educación pública, xa que non lles importa levar a unha “situación límite” aos centros educativos con tal de “cadrar as contas ou beneficiar á privada”. Sinalou que o sistema de educación pública é o garante da igualdade e motor da mobilidade social, e que está sendo desmantelado polo goberno de Rueda, que “mantén a herdanza de Feijóo” en canto á política na educación e na sanidade.

Resulta esencial, para a deputada socialista, que os rapaces e rapazas da Guarda teñan acceso a unha ensinanza de calidade, facendo necesario fincapé nos alumnos con necesidades especiais que precisan de máis docentes para unha atención máis personalizada.

O aumento dos alumnos dos que se ten que facer cargo cada profesor “desvirtúa a lóxica do sistema educativo”, onde atendendo e coñecendo a cada alumno, o docente poida sacar o máximo potencial de cada un deles. Estando cunha media de 30 rapaces por aula, “resulta inviable” que se desenvolvan as súas competencias.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18