Categorías: Actualidade

O PSdeG reclama un plan de mellora dos parques empresariais galegos e denuncia o trato favorable aos concellos do PP por parte da Xunta

Begoña Rodríguez Rumbo critica que nos “14 anos de goberno de propaganda e publicidade do PP” a actividade económica e industrial estivo abandonada

A vicevoceira do grupo socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamou hoxe no Parlamento de Galicia un plan de mellora, promoción e desenvolvemento dos parques empresarias galegos, que permita o mellor funcionamento de cada un deles, para o que tamén esixiu á Xunta que cese o seu trato desigual aos concellos en función da cor política dos seus gobernos.

A iniciativa socialista foi finalmente rexeitada na comisión de Economía, Facenda e Orzamentos polos votos en contra do grupo popular. Begoña Rodríguez Rumbo defendeu que a mesma “persegue mudar a forma de xestionar as achegas que dende a Xunta están a convocar cara aos concellos para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais”, de xeito que haxa cambios profundos na planificación da actividade económica, sendo responsabilidade da Xunta ao ser unha competencia autonómica.

Recordoulle á deputada do Partido Popular algúns datos da situación da actividade empresarial nos últimos anos, xa que cos últimos datos de 2021, Galicia perdeu respecto a 2019 un total de 7.118 empresas, cunha taxa neta de demografía empresarial de -1,46%, así como que neste mesmo período hai un total de 37.700 persoas ocupadas menos na comunidade galega e hai 27.700 traballadores industriais menos.

Do mesmo xeito, criticou a xestión no ámbito empresarial da Xunta cos concellos, acusando ao executivo de ofrecer un trato favorable aos que están gobernados polo Partido Popular e prexudicar aos que non.

Preguntou directamente á deputada popular “vostedes están atendendo á necesidade de todos os parques empresariais dos concellos de Galicia?”, ao que contestou ela mesma “a resposta é non”. “Cando preguntan aos concellos se as súas necesidades están cubertas, que respostas obteñen? Non”, remarcou.

Son estes “preocupantes” datos e o trato desigual aos concellos o que motivan a proposición socialista buscando medidas que incentiven a actividade económica ante “un goberno de 14 anos do PP de publicidade e propaganda”.

A iniciativa que presentou a socialista reclamaba á Xunta que elabore no primeiro trimestre de 2023 un plan de mellora, promoción e desenvolvemento dos parques empresarias galegos. Este plan debería contar cun estudo da situación actual e unha programación para o desenvolvemento necesario para cada un dos parques empresariais de Galicia.

Tamén solicitaba que dentro deste plan se inclúa unha programación de investimentos a cinco anos que permita aos parques empresariais municipais ter viabilidade e a capacidade de adaptarse ás necesidades do solo empresarial da comunidade autónoma galega.

A maiores, Rodríguez Rumbo engadiu outras demandas como que se empregue por parte do goberno galego o Observatorio do Solo Empresarial de Galicia para coñecer a realidade dos parques empresariais e servir como o espazo de encontro e participación do sector para o que foi creado.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04