Categorías: ActualidadeEconomíaNovasParlamento de Galicia

O PSdeG pregunta a Feijóo “por que incumpre ano tras ano a Lei de transparencia”

A deputada Begoña Rodríguez Rumbo subliña que a “opacidade” do goberno galego evidénciase no feito de que 19 entidades públicas nin presentaron as súas contas

Santiago, 7 de agosto de 2018. A voceira de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe a “opacidade” coa que actúa a Xunta de Galicia á hora de modificar “segundo lle conveña” os orzamentos, tal e como ten denunciado o propio Consello de Contas no seu informe de fiscalización da conta xeral.

É máis, en rolda de prensa, preguntou ao presidente da Xunta “por que incumpre ano tras ano” tanto as recomendacións do organismo fiscalizador como a propia Lei de Transparencia de Galicia. “Cal é o motivo, a causa, a razón pola que a Xunta incumpre ano tras ano?”, inquiriu a deputada do PSdeG, quen advertiu de que a xestión de Feijóo “queda baixo un velo de sospeita” á vista do ditame do Consello de Contas.

Entre as cuestións que sinala este organismo, que comeza o seu informe reprochando á Xunta que as súas recomendacións se reiteran en cada anualidade sen que “se aprecien avances salientables” no seu cumprimento, figura, por exemplo, un recurso “excesivo” ao fondo de continxencia.

Como explicou Rodríguez Rumbo, o goberno galego utiliza o programa de imprevistos como “ponte” para “desviar fondos” a distintas partidas que non contaban con “suficientes” cartos. Así é, afondou, que o orzamento que sae da Cámara presenta moitas diferenzas co que se liquida, o que evidencia “falta de transparencia” e “deficiencias na xestión orzamentaria”.

ENTIDADES QUE NON CUMPREN

Outro asunto no que puxo o foco a parlamentaria socialista é no feito de que oito entidades públicas presentaron a súa documentación ao Consello de Contas fóra de prazo e outras 19 nin sequera a entregaron. Entre elas, citou a Turgalicia e ás fundacións Sotavento e Galicia Saúde.

Ao fío diso, aludiu ás trabas que pon a Xunta aos concellos que non están ao día, pero, reprochou, nestes casos “non pasa nada”. “Non ten ningunha consecuencia”, criticou.

A todo isto sumou que a Xunta segue aplicando o plan contable de 2001, cuxa base radica en plans dos anos 90, cando a estas alturas o sistema xa foi “actualizado” na maioría de comunidades. Deste xeito, se “dificulta” o acceso e a comparación dos datos, polo que Rodríguez Rumbo observou que “parece que algo se quere ocultar”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08