Categorías: Actualidade

O PSdeG levará aos concellos e ao Parlamento unha batería de iniciativas para loitar contra a trata e a explotación sexual

A secretaria de igualdade, Silvia Fraga, pediu rematar con esta “vulneración dos Dereitos Humanos” que afecta “sempre ás mulleres máis vulnerables”

Os socialistas demandarán na Cámara galega coñecer o Plan galego que a directora xeral de Igualdade anunciou para antes do verán

A secretaria de igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, e a voceira socialista desta área no Parlamento de Galicia, Noa Díaz, presentaron hoxe unha batería de iniciativas e mocións que se trasladarán aos concellos e á Cámara galega en favor da penalización do proxenetismo, que tamén demanda o PSOE no Congreso. Do mesmo xeito, instan á Xunta a tomar medidas contra a trata e a explotación sexual das mulleres.

No Día Internacional Contra a Trata e a Explotación Sexual, a secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, e a deputada Noa Díaz presentaron en rolda de prensa unha declaración contra a trata de persoas e a prostitución que entenden como “unha forma de violencia machista” e anunciaron unha batería de iniciativas que se levarán ao Parlamento e aos concellos para loitar contra esta problemática, axudar ás vítimas e sensibilizar á sociedade.

Silvia Fraga, a propósito desta data, puxo o foco na necesidade de loitar contra a trata con fins de explotación sexual que cualificou como “unha vulneración dos Dereitos Humanos” que vai da man da “violencia, a marxinación e a dificultade económica”. Destacou que España é o primeiro país de Europa en demanda de prostitución e o terceiro a nivel mundial, polo que emprazou á sociedade e aos representantes públicos a “deixar de tapar as nosas vergonzas” e actuar contra esta situación.

Lembrou que o PSOE xa está a actuar neste senso para penar o proxenetismo a través da Lei de Liberdade Sexual no Congreso, polo que os socialistas galegos buscan ampliar a actuación a nivel local e autonómico a través de distintas iniciativas de o apoio a esta proposición lexislativa para modificar o Código penal e prohibir o proxenetismo en todas as súas formas e na procura de que o executivo galego actúe na mesma liña.

A representante socialista tamén quixo emprazar ao resto de formacións políticas, especialmente ás “de esquerda e progresistas” a que apoien a posición abolicionista do seu partido para rematar coa prostitución que “afecta sempre ás mulleres máis pobres”, xa que considera “incomprensible que no século XXI” siga a ser “normalizada e consentida” a explotación sexual das mulleres.

SEN ABOLICIÓN NON HAI IGUALDADE

Pola súa parte, Noa Díaz, portavoz de Igualdade no Grupo Socialista, criticou que non se coñeza o plan contra a trata que se está a elaborar dende a Dirección Xeral de Igualdade da Xunta, que tamén leva un retraso considerable e xa debería estar en aplicación ao estar contemplado dende 2022 a 2024.

Respecto á problemática da trata e a explotación sexual das mulleres, sinalou que é necesario camiñar ante unha abolición total dunha situación que atinxe a mulleres en situación de vulnerabilidade e de pobreza. Considera esencial rematar con esta situación xa que para ela “sen abolición, non hai igualdade posible”, remarcando a posición do partido sobre unha eventual ilegalización da prostitución.

Ante todo isto, como xa se mencionou previamente, tamén se presentará no Parlamento de Galicia, ao igual que nos concellos, unha iniciativa de apoio á proposición de lei do Congreso. Do mesmo xeito, a iniciativa busca instar á Xunta a realizar un estudo para actualizar a información sobre prostitución, trata e explotación sexual en Galicia, a facer público o I Plan Galego contra a trata con fins de explotación sexual e a impulsar, dentro das competencias autonómicas, políticas públicas orientadas á loita contra a trata e a abolición da prostitución.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41