Categorías: Actualidade

O PSdeG lanza unha campaña de concienciación dos homes mozos para o 25N: “Imos facer o que a Xunta non fai”

Silvia Fraga alerta de que 2 de cada 10 rapaces menores de 29 anos consideran que a violencia de xénero é un “invento ideolóxico”

Tamén anuncia que levarán iniciativas aos concellos e o Parlamento de Galicia ante o aumento “preocupante” das cifras

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, presentou hoxe unha campaña cara o 25N que realizarán a través das redes sociais coa intención de concienciar aos homes mozos de posibles actitudes machistas, buscando suplir “o que a Xunta non fai”.

A responsable en materia de Igualdade da Executiva Nacional dos socialistas galegos compareceu en rolda de prensa con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contras as Mulleres, que será un vindeiro venres 25 de novembro (25-N). Para esta data que está cobrando cada vez maior importancia dentro do feminismo, anunciou que se fará unha campaña en redes sociais, da man da presentación de distintas iniciativas nos concellos galegos e no Parlamento de Galicia.

Para reivindicar a importancia da conmemoración deste día, así como do traballo dos socialistas, Fraga invitou a “reflexionar sobre os datos e sobre as políticas públicas postas en marcha” para mellorar aquilo no que sexa posible.

O dato que máis destacou Fraga no relativo á mocidade é o de que, segundo un estudo realizado polo Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade de FA, o 20% dos homes mozos consideran a violencia de xénero un “invento ideolóxico”. Polo que a campaña de concienciación en redes do PSdeG ten a intención de “loitar contra o negacionismo” e “suplir” cos seus “humildes medios” as “carencias no ámbito educativo” polo desleixo da Xunta neste ámbito.

A campaña chamada “Amigo, date conta”, tratará de falar “no idioma das redes sociais” para dirixirse a rapaces mozos de cara a previr actitudes que “poden no ser conscientes de que están realizando actitudes constitutivas de violencia machista” así como “actitudes que son sinais de alerta”.

Por isto, a campaña versará sobre distintas “frases típicas” que se poden escoitar de homes mozos, acompañadas das “red flags” (bandeiras vermellas) como sinal de alerta, acompañadas do lema en forma de hastagh: #AmigoDateConta, co que se busca concienciar aos rapaces e que reflexionen sobre as súas propias actitudes. Fraga incidiu na necesidade desta campaña ante as “carencias da Xunta no ámbito da concienciación” da mocidade masculina.

INICIATIVAS EN CONCELLOS E PARLAMENTO

Tamén enumerou datos sobre esta problemática no seu conxunto, sendo o dato máis doente son as 65 vítimas mortais da violencia de xénero dende 2003. Respecto ao total da poboación, a representante socialista resaltou un “preocupante” aumento das estadísticas, como o de un 2,7% máis de denuncias por violencia de xénero do 2020 ao 2021, redundando en que haxa en Galicia 18,57 novos procesos penais ao día por violencia contra a muller. Estes datos proveñen do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero do CXPX.

Silvia Fraga resaltou a importancia de “controlar e fiscalizar” a que se adican os cartos que o goberno do Estado, no marco do Plan Estatal contra a Violencia de Xénero, transferiu á Xunta e concellos, 9 e 1,7 millóns de euros respectivamente.

Para isto, os socialistas rexistrarán nos concellos iniciativas nos concellos para “ratificar o compromiso contra a violencia de xénero”, para “dar cumprimento ás medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero”, así como “apoiar o seu proceso de renovación” e “colaborar coas asociacións da sociedade civil que loitan pola igualdade entre homes e mulleres”.

Os “deberes” dos socialistas á Xunta, que se presentarán no Parlamento de Galicia a través de iniciativas versarán sobre a necesidade dun “informe de execución das medidas do Pacto de Estado en Galicia”, un “informe urxente do Observatorio Galego de Violencia de Xénero sobre a situación actual”, “desenvolver unha campaña de concienciación e sensibilización da mocidade contra a pornografía”, “incrementar a educación afectivo-sexual” de Primaria a Bacharelato, e poñer en marcha os catro centros de atención 24 horas para as vítimas de violencia sexual”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08