Categorías: Actualidade

O PSdeG empraza á Xunta a promover un novo modelo de xestión na Atención Primaria como vía para resolver a actual situación de colapso

O deputado Julio Torrado propón acabar cos “contratos precarios” e liberar de cargas burocráticas a axenda dos médicos para que poidan dedicar o cen por cen do tempo aos pacientes

O voceiro de Sanidade do PSdeG no Parlamento, Julio Torrado, emprazou hoxe á Xunta a promover un novo modelo de xestión na Atención Primaria como vía para resolver a actual situación de colpaso.

“A incapacidade dos gobernos do PP de repoñer profesionais e a precarización das condicións laborais de médicas e médicos fixo que, durante a última década, perdamos moitas posibilidades e profesionais que hoxe xa non están no sistema”, advertiu o dirixente socialista, unha vez que Galicia non cubriu todas as prazas de persoal médico en Atención Primaria, cuestión que si ocorreu noutras comunidades autónomas.

Isto ten que ver en boa medida coa “falla de planificación” da Xunta e “cos contratos precarios que temos en Galicia: por días, por semanas ou por meses, cando poderiamos telos máis amplos e estables”, argumentou, pero tamén con que “o Sergas perdeu prestixio porque temos un goberno que non atendeu as súas necesidades”.

“Existe un desleixo por parte da Xunta con respecto á Atención Primaria e os profesionais médicos atópanse abandonados e saturados”, incidiu. “Poderiamos ter máis fisioterapeutas no sistema, pero estivemos sete anos sen que se convocasen prazas en Galicia; e as enfermeiras poderían ter máis capacidade para facer outros labores, pero Galicia foi a penúltima comunidade autónoma en habilitar os decretos estatais para darlles máis capacidade”, exemplificou o socialista.

Neste sentido, sinalou que hai labores relacionadas con doenzas de saúde mental que os están atendendo as médicas e médicos “cando poderíamos ter incorporados nos centros de saúde a profesionais de saúde mental”. Por último, o socialista criticou a falla de matronas, xa que Galicia “é a comunidade con peor cociente de España”.

PROPÓN UN SISTEMA “MULTIDISCIPLINAR” CON MÁIS CATEGORÍAS PROFESIONAIS NOS CENTROS DE SAÚDE

Con todo, o vicevoceiro socialista indicou que “temos un sistema de Atención Primaria excesivamente centrado no persoal médico, de xeito que este perde boa parte do seu tempo de consulta en facer labores burocráticas ou cuestións que non lle competen especificamente, en vez de dedicar o cen por cen do seu tempo á medicina”, incidiu.

Neste sentido, Torrado lembrou que o PSdeG propuxo pór en marcha un sistema “multidisciplinar” en Atención Primaria que incorpore nos centros de saúde máis categorías profesionais, de xeito que se poida “liberar” ás médicas e médicos de tarefas que poden facer outros especialistas. Así, para resolvelo, requiriu a contratación de “administrativos formados”, enfermeiras, matronas, fisioterapeutas ou profesionais de saúde mental.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18