Categorías: Actualidade

O PSdeG denuncia a baixa execución orzamentaria da Xunta no 2022, especialmente “doente” no ámbito de vivenda cun escaso 9,2%

Luis Álvarez sinala que no 2023 seguirán “defendendo os intereses de Galicia dende a normalidade”, co punto de vista “nos servizos públicos e na industria”

O voceiro do grupo socialista, Luis Álvarez, denunciou hoxe a baixa execución orzamentaria da Xunta no ano 2022, destacando negativamente os servizos públicos e de protección social, con datos “sangrantes” en vivenda, onde os cartos finalmente empregados nin sequera chegan o 10%, cando o executivo galego ten as competencias neste ámbito e hai unha gran dificultade para acceder a un alugueiro en Galicia.

O portavoz do grupo parlamentario socialista compareceu no primeiro luns do ano para facer balance do que xa rematou e anunciar as principais directrices a seguir durante o 2023. Puxo o foco nos datos de execución orzamentaria dos 9 primeiros meses do ano que se deron a coñecer ao final do mesmo, e que son unha mostra de realidade da xestión do executivo galego.

Luis Álvarez centrouse especialmente nos ámbitos de políticas sociais, nos que a execución foi “insuficiente” e amosa que “nada cambiou” nos primeiros meses de Rueda na presidencia da Xunta, que continúa coa “tendencia histórica” dos populares de “anunciar grandes orzamentos sociais para logo non executalos”, polo que Álvarez adiantou que no 2023 volverá a pasar o mesmo.

Resaltou algúns dos datos por seccións, como o 55% de execución en protección social, dentro dos cales nos servizos sociais comunitarios, onde se inclúen por exemplo, as residencias de maiores, foron executados o 29% dos cartos, así como o ámbito de fomento do emprego soamente hai un 19% de execución.

Sen embargo, as políticas de vivenda son as que máis deixa de lado unha Xunta de Galicia con amplas competencias neste campo, incidindo Luis Álvarez na “sangrantebaixa execución dun 9,2%, especialmente coas problemáticas existentes que impiden á, “cada vez máis escasa mocidade galega”, acceder a un alugueiro “en condicións dignas para poder iniciar o seu proxecto vital na comunidade”.

Luis Álvarez preguntouse “como é posible” que o goberno galego continúe neste senda, cando Galicia é o territorio de España con “menos axudas ao alugueiro para a xente moza” así como “a que ten menor promoción pública de vivenda”.

No ano 2021 houbo 800 millóns de euros dos orzamentos que se acabaron adicando a outras partidas, movementos dentro das contas que confirma para o voceiro socialista que a imaxe de “goberno que mellor xestiona e planifica” que queren “vender” dende a Xunta é totalmente equívoca. Estes datos, seguramente sexan similares cando transmitan a execución final do 2022, unha mostra máis da “incapacidade” do executivo galego, para os socialistas.

Fixo referencia tamén ao discurso de fin de ano de Rueda, no que “parece que en Galicia non hai problemas coa atención primaria, nin listas de espera para unha praza en residencias, coa mellor educación”, incidindo en que “para a Xunta todos son incidencias puntuais”, nestes ámbitos, negando a existencia de problemas de fondo.

Acusou ao goberno do PP de estar “exclusivamente pendente de confrontar co goberno do Estado” buscando así esquivar os problemas e “botarlle a culpa das eivas derivadas das súas competencias”.

DEFENDER OS INTERESES DE GALICIA NO 2023

De cara ao 2023, sinalou que os socialistas trasladarán ao Parlamento a “defensa dos intereses de Galicia dende a normalidade”, destacando o impulso dun “máis necesario que nunca, plan galego de loita contra a pobreza”, así como “as dotacións de persoal sanitario suficiente e protección das persoas maiores ante a insuficiencia absoluta de prazas en centros de día e residencias, así como mellorar as condicións en que se presta a atención ás persoas maiores neses centros”.

Tamén destacou que neste novo ano estarán “moi pendentes” da evolución eólica e industrial, do sector agrario, cárnico e dos produtores de leite, no da pesca, ou no do transporte. Un 2023 no que serán “unha vez máis, moi esixentes” sobre as cifras de execución orzamentaria, así como seguir “apostando por políticas sensatas e reais, con total convicción”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18