Categorías: Actualidade

O PSdeG defende no Parlamento a ILP das Xuventudes Socialistas que pide un plan de choque urxente no transporte público de Galicia para “axudar á mocidade”

Patricia Otero reclama á Xunta que traballe para arranxar as deficiencias da mobilidade en Galicia, con constantes deficiencias en todo o territorio

A parlamentaria do grupo socialista, Patricia Otero, defendeu no Parlamento a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) das Xuventudes Socialistas de Galicia para pedir un plan de choque urxente para “axudar á mocidade ante a subida dos prezos dos combustibles”, con medidas no eido do transporte público no relativo ás competencias da Xunta.

A deputada presentou a Iniciativa Lexislativa Popular asumida polo grupo socialista, que foi rexistrada polas Xuventudes Socialistas de Galicia, que contaron cunha delegación presenciando o debate no hemiciclo. Esta ILP busca que a Xunta aplique dentro do seu ámbito competencial, “un plan de choque de forma urxente que axude aos mozos e mozas galegas”, así como ás familias, a “afrontar a subida do prezo dos combustibles”.

Patricia Otero agradeceu a súa asistencia ao pleno, así como o “traballo na rúa” realizado nestes meses aos representantes da organización, en especial ao seu secretario xeral, Xurxo Doval. Aproveitando que o presidente de organización homóloga no PP, Novas Xeracións, era quen lle tiña que replicar no debate, o deputado Adrián Pardo, comparou a gran diferencia de actividade entre ambas organizacións, xa que NNXX non presentou ningunha ILP

A representante socialista subliñou a importancia deste debate e de que o executivo autonómico “admita o problema de mobilidade que hai que Galicia” que “afecta especialmente á xente moza”. Non é un debate novo para Otero, xa que recordou que constantemente levan á cámara reclamacións arredor de todo o territorio galego coas deficiencias do transporte público dependente da administración autonómica, citando problemas nas últimas datas en comarcas como a de Ferrol, a da Coruña, ou a do Courel, entre outras.

Patricia Otero recordou que o goberno galego esquivou constantemente tomar medidas para axudar no relativo ao transporte público, en contraposición a un goberno central que fixou a gratuidade do transporte ferroviario de cercanías e media distancia.

Tamén reprochou á bancada popular que dende o goberno do PP “mentiran e se apropiaran” dos descontos no transporte interurbano, cando o 30% do 50% de desconto provía de fondos do goberno central. Por iso, resaltou a importancia de iniciativas deste tipo ante dun executivo autonómico que “nin está, nin se lle espera e abdica das súas responsabilidades”.

EXTENSIÓN DOS 21 AOS 30 ANOS

A iniciativa asinada por máis de 3.000 persoas de toda Galicia, durante os últimos sete meses, reclama que este plan de choque inclúa, al menos, cinco medidas que buscan mellorar o acceso ao transporte público da mocidade galega.

Entre elas encontramos rectificación da Xunta para ampliar as prestación á mocidade no transporte público ata os 30 anos e non ata os 21 anos como está na actualidade, ou que as concesionarias compensen aos usuarios polos atrasos ou avaría, como si ocorre no transporte ferroviario.

Defendeu a idoneidade da reclamacións das XSG en nome de toda a mocidade galega, en especial ao asegurar que “militantes das Novas Xeracións do PPdeG asinaron esta ILP”, polo que de votar en contra, Adrián Pardo estaría actuando non só “contra a mocidade galega”, tamén “contra o sentir de parte da súa militancia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18