Categorías: Actualidade

O PSdeG critica a “irresponsabilidade” da Xunta por atacar a PAC e lembra que foi respaldada polo propio PP europeo

O eurodeputado Nicolás González Casares resalta que o goberno de España defendeu ao sector agrario logrando 47.700 millóns de euros en axudas comunitarias

Apunta que o grupo do BNG votou en contra de todos os regulamentos da reforma da PAC, sendo os que “permiten que esas axudas cheguen aos agricultores e gandeiros do país”

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024. O eurodeputado socialista Nicolás González Casares afeoulle este venres á Xunta de Galicia que súa “irresponsabilidade” por atacar a Política Agraria Común da UE que eles mesmos respaldaron no Parlamento Europeo por medo ás protestas dos agricultores.

O eurodeputado galego criticou a “a falta de responsabilidade e os novos ataques do Conselleiro en Medio Rural e da Xunta de Galicia a Europa” ante as protestas sendo que considera “incrible” que o responsable do goberno galego “non ten nin idea ou que minte todas as medidas de xestión da produción agraria foron votadas a favor polo PP”, poñendo como exemplo as relacionadas coa xestión de residuos.

González Casares lamentou os “ataques a PAC e o antieuropeísmo do Partido Popular” que tamén lembrou que tanto en España como en Galicia “trata de boicotear en Europa chegada dos fondos Generation”.

Contrapuxo esta xestión coa dun PSOE e un goberno de España que “na negociación da PAC conseguiu 47.700 millóns de euros de axudas comunitarias, entre elas, máis de mil millóns para Galicia con cargo ao Plan Estratéxico”. “Así se defende ao sector agrario galego”, engadiu. Puxo sobre a mesa que “o Partido Socialista defende en Europa o mesmo que defende en España e o mesmo que defende Galicia, con Besteiro á fronte” e que, por iso mesmo, “somos o mellor garante do futuro do medio rural galego”.

O eurodeputado encontra idóneo destacar isto “nun momento en que a Xunta de Galicia, nestes últimos catorce anos, fixo minguar o noso sector agrario en máis dun 26%, e case un 50% no caso das mulleres”, sinalou. Sendo que “o rural galego desángrase e o PP mira para outro lado e descargan responsabilidades en Europa facendo populismo barato”.

Tamén tivo reproches para o BNG, “cuxo grupo votou en contra de todos os regulamentos da reforma da PAC, os mesmos que permiten que esas axudas cheguen aos agricultores e gandeiros do país”. “Ao rural hai que defendelo con feitos e non con declaracións”, sinalou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41