Categorías: Actualidade

O PSdeG acusa á Xunta de actuar contra a memoria democrática e de non acabar co enaltecemento do Franquismo

Paloma Castro reivindica nova lei como un “fito histórico” que “fai xustiza coas mulleres” que sufriron a represión do réxime

A deputada socialista Paloma Castro acusou hoxe á Xunta de actuar contra a memoria democrática ao ignorar o mandato do Parlamento para a retirada das homenaxes a franquistas e non aplicar debidamente as leis que afectan á compensación das vítimas.

A deputada socialista fixo referencia á aprobación da Lei de Memoria Democrática, unha norma “conciliadora” que leva consigo a revisión e retirada de condecoracións e recompensas policiais para persoas que participaran na represión durante a ditadura franquista. Para isto, crearase unha Comisión de Estudo e Análise sobre a aplicación de dita norma, nos ámbito de competencia do Ministerio do Interior.

Explicou que esta lei tamén leva consigo a retirada de todo símbolo ou homenaxe contrarios á memoria democrática. A comisión realizará unha Lei de Orgánica de Asociacións para poder prohibir as que atenten contra a dignidade das vítimas, a través do menosprezo ou a humillación, así como que realicen apoloxía do franquismo, sendo a máis coñecida das mesmas a Fundación Francisco Franco.

Paloma Castro reivindicou que estamos ante un “fito histórico” xa que é a primeira lei que condena o golpe militar de xullo de 1936 e a ditadura posterior, pechando a “etapa máis negra da nosa historia”. “A memoria é un dereito. Un dereito da cidadanía e, sobre todo, un dereito das vítimas e as súas familias””, sinalou

Outro aspecto de especial relevancia para a representante socialista é o valor destacado que lle da ás mulleres que sufriron a represión franquista. Nesta liña apuntou que “temos que visibilizar e reivindicar como suxeitos políticos ás mulleres, co fin de facer xustiza con elas, pero tamén para que as nenas do futuro poidan ter coma   referentes”.

Xa no 2008, a raíz da Lei de Memoria Histórica aprobada un ano antes da man do goberno de Rodríguez Zapatero, o Parlamento de Galicia chegou a un acordo para eliminar todo tipo de nomenclatura e simboloxía franquista dependente da Administración autonómica, así como mediar cos distintos concellos, para a eliminación total destes homenaxes no territorio galego.

Cando o PP recuperou a Xunta no 2009, deixou a un lado o mandato do Parlamento e ignorou calquera tipo de reivindicación democrática contra a ditadura de Franco. Para Paloma Castro esta posición é “intolerable” e teme que manteñan esta actitude coa nova lei aprobada no Congreso e no Senado e que pon tarefas aos gobernos autonómicos.

Recalcou a importancia de retirar os símbolos que “representan toda a violencia do franquismo, moita da que aínda hoxe permanece nas fosas comúns, a súa permanencia escenifica unha falla de verdadeira vontade política de facer hixiene democrática” por parte dos responsables institucionais.

Por último, referiuse a un dos aspecto destacables da normativa que aplica especialmente a Galicia é a recuperación do Pazo de Meirás, que definiu como “o símbolo en Galicia do espolio franquista” , polo que se mostrou satisfeita por “unha recuperación que se ben moralmente e incuestionable, xuridicamente non é doado e levou moitas horas de traballo conxunto e coordinado con asociacións galegas de memoria”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18