Categorías: Actualidade

O presidente da Xunta debe asumir as súas responsabilidades e exercer as súas competencias para garantir un inicio de curso seguro

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, emprazou hoxe ao presidente da Xunta a “asumir as súas responsabilidades e exercer as competencias propias do goberno galego” para garantir un inicio de curso “seguro”. O responsable socialista presentou unha serie de iniciativas parlamentarias reivindicando un protocolo de adaptación á covid de consenso que “garanta a seguridade e a saúde no ensino non universitario”.

O responsable socialista criticou que o presidente da Xunta “unicamente está preocupado de laiarse e de mirar para o Estado, que presentou un fondo adicional de 2.000 millóns de euros para educación cos mesmos criterios para tódalas comunidades autónomas”. Sinalou que “o único que puido facer o goberno galego mentres tanto foi suscitar consenso, pero en contra dun protocolo pensado unicamente para centrifugar responsabilidades cara aos centros, Anpas e concellos”.

Apuntou que a conselleira de Educación está “superada”, a pesares de que “tivo moitos meses para planificar unha volta ás aulas segura”, e “resignada” ante a súa “evidente falla de planificación”. Lembrou a oposición “frontal” de docentes, familias e concellos contra unha xestión “incapaz de dotalos dun marco estable, seguro e cos recursos humanos e materiais necesarios” para garantir un inicio de curso seguro.

Contratar profesores

Considera “preocupante” que a Xunta vaia ser a última comunidade en dar a coñecer o seu protocolo cando o resto de autonomías teñen plans que prevén distintos escenarios en función da evolución da pandemia. “En Galicia nin sequera se coñece con exactitude cantos profesores adicionais haberá”, criticou, toda vez que o goberno galego anunciou 240 contratacións adicionais para logo comprometer un millar máis.

Álvarez apuntou ao decálogo de propostas elaborado polos socialistas galegos e feito público hai días, para que o goberno galego destine os fondos á súa disposición para habilitar espazos e medidas de seguridade e hixiene e contratar máis profesorado. Sinalou que os fondos consignados a Galicia permitirían contratar ata 2.000 docentes máis.

Cun volume de fondos equiparable ao de Galicia, autonomías como Castela – A Mancha investiu 12,5 veces máis que Galicia en novas contratacións de profesorado, ata chegar aos 3.000 docentes, e Estremadura, cun rateo de alumnos por profesor similar ao da comunidade galega, o aumento no número de profesores é 5,3 veces superior ao contar con 586 profesores máis para iniciar o curso.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41