Categorías: Actualidade

O PP vota en contra da nosa proposta para pedirlle ao conselleiro de Economía que reciba aos traballadores de Maderas Iglesias

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, lamentou hoxe o voto en contra do PP a unha proposición non de Lei que presentou na Comisión de Industria para pedirlle ao conselleiro de Economía que reciba aos traballadores de Madeiras Iglesias. O responsable socialista alertou da “incapacidade” da Xunta para buscar novos inversores para unha empresa abocada ao peche logo de 10 anos en crise.

O responsable socialista criticou que ao vicepresidente segundo da Xunta “cóstalle menos sacarse fotos co empresario que cuns traballadores que levan dez anos sufrindo unha situación de inestabilidade laboral terrible e que só buscan que fagan todo o posible para evitar o inminente enlace”. Explicou que a empresa, que entrou en crise en 2010, superou un concurso de acredores en 2013 e agora está á espera dunha poxa polas súas instalacións.

Seco presentou hoxe unha oferta de transacción a partir da súa iniciativa para, ademais de pedirlle ao conselleiro con competencias en materia de Industria que reciba aos traballadores, reclamáballe á Xunta que “utilice todos os instrumentos legais para paralizar a poxa, interveña para atopar investidores e active os mecanismos de axuda da Administración para evitar o peche”.

Acusou ao PP de negarse a apoiar estra proposta na que “a única diferenza coa proposta do PP era pedirlle ao vicepresidente da Xunta que reciba aos traballadores”, por moito que o PP apelara á independencia xudicial “cando queren manter a maioría no CXPX pola vía do bloqueo”. Replicoulles que “acúsannos de enturbiar despois do que fan con Alcoa, onde cambian de opinión despois das eleccións para dicir que apoian” ao goberno do Estado.

Incapacidade

Martín Seco sinalou que a situación de Madeiras Iglesias evidencia a “incapacidade” da Xunta, cunha “política industrial errada por parte dunha Xunta cos mecanismos errados e un un Igape que non funciona, que carece de persoal e de capacidade, e un goberno que nin busca solucións para os problemas de Galicia”. Lamentou a falla de interese do goberno galego para buscar un novo inversor para unha empresa que chegou a ter 700 traballadores, que quedaron en 140.

Dixo que os “millóns de euros” investidos polo Igape nesta factoría “non poden caer en saco roto”, e lembrou que a Xunta sinalara á empresa como “proxecto viable” pero “sen ter mecanismos que avalíen e fagan un seguimento dos investimentos que fan cos cartos de tódolos galegos e galegas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18