Categorías: Actualidade

O PP veta o uso do transporte escolar ao alumnado de Baamonde escolarizado no CEIP Santo Estevo de Parga

Luís Álvarez censura a actitude da Xunta cando “non se trataría de ofertar un novo servizo nin suporía un incremento do custe” xa que existe unha liña que pasa polo concello e “só habería que autorizar unha nova parada”

O PP veta o uso de transporte escolar ao alumnado de Baamonde escolarizado no CEIP Santo Estevo de Parga. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Educación do Parlamento logo de votar en contra dunha proposición non de lei do Grupo Socialista para urxir á Consellería de Educación que permita a estes alumnos e alumnas o uso dun autobús que xa pasa polo municipio.

Despois de que a Xunta pechase o CEIP de Baamonde, cuestión denunciada en diversas ocasións polo PSdeG, o seu alumnado foi trasladado ao centro CEIP Virxe do Corpiño. Neste contexto, un colectivo de nais e pais de alumnos optaron por matricular aos seus fillos e fillas no CEIP Santo Estevo de Parga, situado no concello de Guitiriz, a 9 quilómetros de Baamonde, distancia practicamente idéntica á existente a Begonte, pero onde non teñen dereito a un dos servizos complementarios establecidos pola Consellería, como o transporte escolar.

Ante esta circunstancia e tendo en conta que por Baamonde circula unha liña de transporte escolar para o alumnado da parroquia de Pícara, que pertence ao concello de Guitiriz, cara ao CEIP Santo Estevo de Parga, Álvarez pediu ao goberno galego que “garanta este curso o transporte a calquera dos centros de Guitiriz ou Begonte” para o alumnado reubicado do CEIP Baamonde, xa que “non se trataría de ofertar un novo servizo nin suporía un incremento do custe” para a Xunta.

“A única explicación razoable a que non se autorice unha parada en Baamonde é que, de maneira inaceptable, a Xunta continúe dando cobertura ás maneiras máis propias de tempos pretéritos que ten amosado o alcalde de Begonte diante dos seus veciños e veciñas”, censurou Álvarez.

Así, o responsable socialista cualificou a situación de “absolutamente irracional” e “incoherente” xa que este alumnado “si pode usar outro servizo complementario como o comedor”, polo que a Consellería “se quere ser flexible, pode selo”. “Entenden como aceptable que pasando un bus escolar por unha estrada non se autorice unha parada e que teñan as nais e pais que levar aos nenos e nenas nos seus coches propios á escola?”, cuestionou.

“Non distorsiona o servizo público nin alonga a duración da ruta”, defendeu Álvarez, polo que non autorizar unha nova parada é unha “anomalía” dende o punto de vista organizativo e das institucións que regulan o uso do transporte público.

A “MOBILIZACIÓN SOCIAL” DE BERGONTE

Por último, Álvarez lembrou que durante os primeiros meses deste ano “tivo lugar unha intensa mobilización social no concello de Begonte tras coñecer a intención da Consellería de Educación para proceder á unificación dos CEIP de Baamonde e CEIP Virxe do Corpiño nun único centro, trasladando o alumnado do CEIP de Baamonde ao CEIP Virxe do Corpiño” para así “empregar as instalacións do CEIP de Baamonde para un futuro conservatorio de música de incerta titularidade”.

“Todas as iniciativas encamiñadas a manter o centro en funcionamento foron rexeitadas cos votos en contra do Grupo Parlamentario do Partido Popular que, deste xeito, deu cobertura a unha proposta que partiu do alcalde deste municipio” que, concluíu, é “fondamente carente de fundamento”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18