Categorías: Actualidade

O PP veta no Parlamento limitar a velocidade na estrada entre A Telleira e Cancelo do Medio, en Laracha

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta do Grupo Socialista para limitar a velocidade de circulación na estrada AC-552, entre A Telleira e Cancelo do Medio –Laracha-. Álvarez presentou unha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta que exerza as súas competencias para mellorar a velocidade na estrada autonómica, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista lamentou a “falla de vontade política” para tomar unha medida “nin moi ambiciosa nin moi custosa” que suporía en realidade limitar a velocidade nun tramo de menos dun quilómetro que a pesares de non atoparse en zona urbana si que está densamente poboado, con vivendas aos dous lados da estrada e uns veciños que piden mellorar a súa seguridade.

Álvarez explicou que o remate da limitación de 70 qm/h ao final da Avenida de Finisterre fai que entre A Telleira e Cancelo do Medio os vehículos poidan circular ata a 90 qm/h, elevando a perigosidade para os peóns nun dos tramos sensibles da AC-552, que pasa por ser a vía con maior sinistralidade de toda a rede autonómica.

Advertiu que ao tratarse dunha estrada autonómica é á Xunta a quen lle compete limitar a velocidade nun tramo de menos dun quilómetro con alta densidade de tráfico, sinaladamente de vehículos pesados, e que é un percorrido que a 50 por hora sería percorrido en apenas 72 segundos. Os socialistas reclamaban tanto a limitación da velocidade máxima permitida como a instalación de elementos disuasorios para reducir a velocidade de forma efectiva.

Luis Álvarez amosou a súa sorpresa tanto pola negativa de hoxe no Parlamento como polo argumento do propio PP local, que nun recente Pleno do Concello negábase a atender á petición dos veciños e veciñas que lle trasladou a portavoz socialista na Corporación, Palomi Rodríguez, argumentando que sería debatido no Parlamento de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41